Ultimo día en Narón para solicitar a bonificación de taxas por recollida de refugallos, rede de sumidoiros e subministro de auga


O Concello de Narón  pechará mañá mércores día 20 ás 13.00 horas o prazo para tramitar solicitudes para a bonificación das taxas de recollida de refugallos, rede de sumidoiros e subministro de auga potable para o ano 2023.

As instancias deben tramitarse a través da Sede Electrónica do Concello, no Rexistro Municipal do Concello ou por calquera dos outros medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Os impresos poden solicitarse no Rexistro municipal ou no Servizo Sociocomunitario Municipal, no segundo andar do Consistorio, donde tamén se ofrecerá información sobre estas bonificacións. No caso de ter concedida a bonificación do último ano e manterse as circunstancias que se tiveron en conta para a citada concesión non é preciso solicitala de novo.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …