«Chungo» de Luis Zahera, encherá o Pazo de Cultura de Narón

O Padroado da Cultura de Narón retomará esta fin de semana a programación cultural deseñada ata finais de novembro deste ano. O cómico galego Luis Zahera será o protagonista dun monólogo no que repasa a súa carreira.

“Chungo” é o título deste espectáculo, que se poderá ver o sábado ás 20.00 horasentradas esgotadas– e cun segundo pase ás 22.00 horas –para o que aínda quedan algunhas entradas-. Durante unha hora e media aproximadamente, Zahera amosará ao público a súa faceta máis cómica coas súas “historias e histerias”, en clave de humor e con numerosas anécdotas da súa faceta profesional e persoal, algunhas delas rozando o surrealismo.

Na xornada do vindeiro 30 de setembro haberá unha estrea do espectáculo de danza contemporánea da compañía Nova Galega de Danza, “Berro”. Poderá verse ás 20.00 horas no Pazo e ten unha duración dunha hora.

“Berro”, dirixido por Jaime Pablo Díaz, é un fío condutor entre o noso interior e o exterior, parte do proceso de crecemento das nosas vidas. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou a través da web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Lea también

O Ateneo Ferrolán proxecta o filme «Linda» dentro da programación 25N

Este venres dia 22 as 19.30h dentro da programación do 25N “Día contra a Violencia …