Axenda en Narón do 16 e 17 de setembro de 2023

Sábado 16 de setembro de 2023

Actividade: “Á Biblio sen fume” Lugar: Biblioteca municipal Hora: 11.00

O Concello organiza esta actividade, un obradoiro infantil de sensibilización dirixido a menores a partir de cinco anos. A iniciativa convócase para conmemorar o Día Mundial sen coche, para dar a coñecer os danos medioambientais que ocasiona o tráfico de vehículos a motor.

Actividade: Visita ao tanque de tormentas das Aceas Lugar: Freixeiro-Xuvia Hora: 11.00

Esta actividade municipal enmárcase no programa Guizo, do Servizo de Normalización Lingüística de Narón. A iniciativa enmárcase nas propostas municipais para conmemorar a Semana da Mobilidade e diríxese a nenos e as súas familias. Realizarase un percorrido en bicicleta dende Freixeiro ata Xuvia, con parada no tanque de tormentas das Aceas e outros puntos do percorrido. 

Actividade: “Espazos sonoros” Lugar: Mosteiro de San Martiño de Xuvia (O Couto) Hora: 19.00

A Deputación da Coruña impulsa este programa, no que colaboran o Concello e a Diócese Mondoñedo-Ferrol, e que traerá á cidade un concerto da banda Ala Aurea, especializada en música de Hildegard von Bingen e da Idade Media alemana. A proposta inclúe unha visita guiada ao mosteiro ás 17.00 horas, para a que se cubriron todas as prazas- e unha conversa previa coa cantante ás 18.00. 

Domingo 17 de setembro de 2023 

Actividade: Trail Costa Ártabra Lugar: Inmediacións Cooperativa do Val (O Val) Hora: Primeria saída ás 9.15 horas

O Concello organiza este evento coa Agrupación de Bombeiros de Narón. Os participantes percorrerán un tramo de 27 ou 14 quilómetros, segundo a opción elixida, ou poderán participar na andaina, de oito. O trazado discurrirá pola Senda Ártabra.

 

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …