A IV Malla do Seixidal de Somozas foi todo un éxito de asistencia

Esta é a súa IV edición despois de que o Concello convertera o lugar do Sexidal nun museo etnográfico para mostrar como era a vida e o traballo no campo.

A Malla no Seixidal volve a consolidarse como un dos eventos tradicionais máis destacados no Concello das Somozas, reunindo unha gran cantidade de asistentes para recrear a malla. Esta clase de eventos son moi importantes para un municipio de carácter rural como As Somozas, no que as festas tradicionais cobran unha gran importancia. 

O alcalde de Somozas, Juan Alonso, declaróu que “É importante seguir celebrando este tipo de eventos que poñen en valor a tradición e cultura do municipio”. O rexedor quixo destacar “a aposta do noso goberno para revitalizar esta clase de festas, que reúnen a todos os veciños e veciñas todos os anos, favorecendo o sentimento de pertenza á comunidade e fortalecendo os lazos entre eles”.

Lea también

Herida leve una persona después de que un tren arrollase las ramas de un árbol circulando por Ortigueira

Una persona ha resultado herida leve en la tarde de este viernes después de que …