Escritores e escritoras de Ferrolterra sacarán as súas obras á rúa este domingo 17 en Neda para achegar a súa literatura á cidadanía, a través de novos espazos nos que compartir e intercambiar experiencias lectoras co público ao redor das súas publicacións.
A iniciativa, baixo o nome “Literatura na Rúa”, está organizada pola Asociación Galega de Escritores e Escritoras coa colaboración do Concello de Neda e do Estanco de Neda
Conta coa escritora local Sara González Veiga como coordinadora, e na cita participarán Clara Ventura, Miguel Castro, Micaela Barbeito, Isabel Ramos, Juan José Lada Vilariño, Antonio D`Tenerife, Lucía Otero, Ana Julia Martínez e a propia Sara González Veiga.
Ademais de manter esas conversas literarias, os autores porán á venda as súas obras e asinarán exemplares.
Será no porche da Casa das Palmeiras, a cuberto por se as condicións climatolóxicas non acompañan, en horario de mañá, de 11:00 a 14:00 h, e de tarde, de 17:30 a 20:30 h.