A Oficina de Turismo de Narón, ubicada no parque de Freixeiro, permanecerá aberta ata o vindeiro 7 de novembro, data na que cumprirá catro meses de atención ao público, dende o pasado xuño. A concelleira responsable da área, Natalia Hermida, recordou que as instalacións están operativas con cargo unha subvención á Deputación da Coruña, a través da que se sufragan os gastos de contratación das dúas persoas que atenden as instalacións.
O horario de apertura durante este mes e os dous vindeiros continuará sendo de martes a venres entre as 10.00 e as 13.00 e de 16.00 a 20.00 horas; os sábados e os domingos abrirá de 10.00 a 14.00 e os sábados pola tarde de 16.00 a 20.00 horas. Os domingos pola tarde e nas xornadas dos luns a oficina permanecerá pechada.
As persoas que se acheguen poderán levar material informativo sobre as rutas dos muíños, o muíño de Xuvia, a nova senda peonil entre Frexeiro e Xuvia… e tamén informarse sobre actividades que se desenvolven durante estes meses na cidade. As persoas que o desexen poden contactar co persoal da Oficina de Turismo, no seu horario de apertura, chamando ao número de teléfono 981 337700 (extensión 2301).