O San Pipote arranca hoxe, e inicia tres fins de semana de festa por todo San Sadurniño

Encárase a fin do verán e con ela os tres últimos estalos da traca festeira estival, que levan esta fin de semana a Bardaos, a que vén a Igrexafeita e, como remate, o Belén de San Sadurniño. A multitudinaria Santa María-San Pipote arranca este xoves 7 na noite en Bardaos cun concerto “tranqui” seguido do venres e sábado 

O inicio do San Pipote terá lugar no local social da Bañoca este xoves a partir das 22:30h. Na “sede episcopal” máis ben sede da confraría veciñal, actuará o grupo Keepers a xeito de quecemento dunhas festas que se trasladarán mañá venres e máis o sábado ao campo situado ao pé da igrexa parroquial.

Na segunda xornada a parte musical será cousa da orquestra Solara na sesión vermú e na verbena que rematará xa ben entrada a madrugada con picadiscos

sábado 9 haberá olimpiadas parroquiais na área recreativa (18:30h) e a partir da 1:30 da mañá a procesión do San Pipote na que a mocidade carrexa dous grandes bocois até diante do escenario, lugar desde o que Carlos Cobelo volverá arengar ao público co seu particular pregón. Na sesión vermú actuará a orquestra La Travesía, acompañada na verbena da formación portuguesa Arkadia

Ademais, este último día da festa, cando máis convidadas e convidados hai nas casas, é o sinalado para percorrer a parroquia cun grupo de gaitas que animará a celebración do patroa en cada lugar. O domingo non hai actividades previstas.

As seguintes: o Biscordel e o Belén

A seguinte festa do noso calendario témola os días 16 e 17 de setembro en Igrexafeita na honra da Nosa Señora do Biscordel, o sábado co Trío Antha e a Orquestra Miramar e o domingo cunha sesión vermú alongada durante a tarde que estará sostida polas pezas do grupo Origen. Ambos días haberá misa ás 13:30h.

O peche das troulas estivais levaranos o venres 22 e o sábado 23 de setembro ao Campo da Feira, en San Sadurniño, para celebrarmos a festa do Belén.

O primeiro día só haberá verbena con New York e o DJ Federato e o segundo hai programado un xantar popular con salpicón de rape, carne asada, sobremesa e café para o que xa se poden ir facendo reservas, ao prezo de 25€, nos teléfonos 630 288 080, 627 207 750 e 697 392 693. Actuarán o Dúo Estrellas e a Disco Móvil Supreme.

Lea también

La Policía Local de Ares intervino en dos incidencias en la noche del sábado

  En la noche del sábado los efectivos de la Policía Local de Ares han …