“Noites á fresca” de Narón trasládanse ó Café Teatro do Pazo da Cultura

As previsións meteorolóxicas para a xornada deste sábado, día 9, levaron ao Concello de Narón a trasladar a celebración dos concertos do programa “Noites á fresca” ao Café Teatro do Pazo da Cultura, tal e como indicou a concelleira de Festas, Mar Gómez. As persoas que desexen asistir poderán facelo, de balde, ata completar o aforo do Café Teatro.

O primeiro dos concertos será o da formación Caldo e dará comezo ás 21.00 horas. María Jorge (violín), Anaïs Barbier (voz e pandeireta) e Pedro Fariñas (guitarra), ofrecerán ao público a súa música tradicional e temas do seu último traballo, un álbum que leva por título “Lugar A Ponte”. A continuación, sobre as 22.30 horas subirase ao escenario a formación Tesouro, integrada neste caso por Carlos Rego (vocalista e guitarrista), Daniel Alonso (baixista) e Aser Álvarez (batería), Os temas do seu novo proxecto amenizarán a sesión musical que protagonizará esta agrupación.

Gómez animou á veciñanza a acudir a estes concertos, “que ofrecerán de balde música de calidade, no que constitúe unha aposta máis deste Concello por fomentar e difundir a música tradicional”.

Lea también

La Habitación Roja celebra en Ferrol sus 30 años sobre los escenarios

La banda valenciana La Habitación Roja actuará este sábado 23 de mayo en el Teatro …