Inscrición en Narón nos obradoiros da Escola de Música Moderna e para o uso das Aulas de Ensaio

O Concello de Narón abriu este luns 4 o prazo de inscrición para solicitar Aula de Ensaio e para matricularse nos obradoiros impulsados dende a concellería de Mocidade a través da Escola municipal de Música Moderna, na Casa da Mocidade.

O concelleiro responsable da área, Ibán Santalla, indicou que se impartirán obradoiros de iniciación e perfeccionamento de guitarra, piano e batería dende o vindeiro mes de outubro ata maio de 2024 e que as Aulas de Ensaio para grupos musicais estarán operativas tamén dende outubro pero ata xullo de 2024.

Os obradoiros diríxense a mozos empadroados en Narón de entre 12 e 30 anos e as prazas das Aulas de Ensaio para grupos musicais con alomenos unha persoa desa mesma idade e empadroada en Narón.

Os obradoiros de iniciación e perfeccionamento de guitarra ofertan 14 prazas, catro por grupo, e os horarios serán: para iniciación os luns e mércores de 16.00 a 17.00 ou de 17.00 a 18.00 e para perfeccionamento os luns de 19.30 a 20.30 e os martes de 20.30 a 21.30 horas.

As clases de piano, con oito prazas, tamén catro por cada grupo, serán os xoves de 18.00 a 20.00 para o grupo de iniciación e ese mesmo día de 16.00 a 18.00 horas para o de perfeccionamento. No caso das clases de batería hai oito prazas dispoñibles, catro por grupo, con horario para iniciación os luns e xoves de 20.30 a 21.30 horas e para o grupo de perfeccionamento os venres de 16.00 a 18.00 horas.

As Aulas de Ensaio para grupos musicais dispoñen de prazas para un total de cinco grupos, coas súas respectivas aulas, que estarán operativas o luns de 18.00 a 19.30 e martes de 19.00 a 20.30; os martes de 16.00 a 19.00; os mércores de 18.00 a 21.00; os venres de 17.30 a 20.30 e os sábados de 11.00 a 14.00 horas.

A taxa a abonar será de 8,15 euros ao mes no caso dos obradoiros (a establecida pola Ordenanza fiscal número 15, reguladora dos servizos prestados polo Servizo Sociocomunitario) e desa mesma contía por persoa ao mes no das Aulas de Ensaio, tal e como se recolle tamén na citada ordenanza.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata esgotar as prazas dispoñibles, podendo tramitarse a través da Sede Electrónica de Narón, do Rexistro municipal ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Para recibir máis información pódese consultar a Sede Electrónica de Narón ou dirixirse ao Servizo Sociocomunitario Municipal, no primeiro andar do Concello, ou chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensións 1111/1108/1109).

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …