O BNG de Ferrol exige manter todas as unidades do CEIP de San Xoán

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol a través dun comunicado expresa que mantivo este luns 4 un encontro con representantes da Dirección e da ANPA do CEIP de San Xoán «para avaliar a situación do centro, que un ano mais é vítima dos recortes da Consellería de Educación, a cal suprime unha unidade na etapa de primaria, e esixe á Xunta de Galiza que dea marcha atrás nesta inxusta decisión»

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, considera que «a Xunta de Galicia volve a penalizar ao ensino público e cualifica a supresión dunha unidade no CEIP de San Xoán de algo inxustificado que demostra que a Xunta nin aposta polo ensino público, nin por un centro que se ten significado pola súa calidade educativa recoñecida a través de diferentes premios e distincións»

Iván Rivas censura que «A Xunta de Galicia aproveite o mes de agosto para suprimir unidades nos centros públicos e que ás portas do inicio do curso escolar os e as representantes da comunidade educativa se atopen con esta situación e nin coñezan quen é a persoa de referencia para abordar este asunto por parte da inspección educativa na nosa comarca»

Así mesmo, Rivas, lamenta «a pasividade amosada polo goberno municipal de Ferrol e demanda do alcalde da cidade que convoque de maneira urxente o consello escolar municipal para tratar este asunto, que exixa da Xunta de Galicia a restauración da unidade suprimida no centro de San Xoán, que reciba á comunidade escolar para escoitar as súas reivindicacións, que inclúa este tema na orde do día da comisión de educación convocada para este xoves 7 de setembro e que designe dunha vez aos representantes municipais nos diferentes consellos escolares porque a unha semana do inicio do curso levamos agardando desde a constitución da corporación porque o Alcalde da cidade asigne a cada concelleiro e concelleira o centro escolar no que deben actuar como representantes municipais»

Lea también

El Concello de Ferrol insta extremar precauciones ante la alerta naranja prevista

El Ayuntamiento de Ferrol hace un llamamiento a la ciudadanía para que extreme las precauciones …