Inscrición en Narón nas actividades permanentes da Ludoteca municipal da Solaina

 
A concelleira de Bibliotecas do Concello de Narón, Olga Ameneniro, anunciou a apertura este venres 1 de septembro do prazo de matrícula para inscribirse no curso 2023-2024 da Ludoteca municipal da Solaina, ubicada no número 2 da rúa Cardenal Cisneros.
 
A edil explicou que se ofertan un total de vinte prazas para menores de 3 a 6 anos; outras vinte para os de 7 a 12 e quince para os de dous anos. “Este espazo socioeducativo de socialización dos menores a través de xogos, xoguetes e libros é un recurso máis municipal de cara a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral e tamén un espazo de ocio e aprendizaxe para os menores”, asegurou a concelleira.
 
As quendas de inscrición terán prioridade as usuarias e usuarios que se anoten a tempo completo, son: luns, mércores e venres de 16.00 a 19.00 horas; martes e xoves de 16.00 a 19.00 e luns e martes de 18.00 a 19.00 horas. As instalacións permanecen abertas todo o ano excepto o mes de agosto.
 
As solicitudes de praza e matrícula deben realizarse na propia ludoteca de luns a venres en horario de 13.00 a 14.00 horas ata o 8 de setembro e de 19.00 a 20.00 a partir do día 11.
 
As persoas que desexen máis información poden desprazarse ao centro os citados días e horarios ou contactar a través do correo electrónico: ludoteca@naron.es, no teléfono 981 389 284 ou no Facebook (Ludoteca municipal de Narón)

Lea también

Lidl alcanza las 40 tiendas en Galicia con su nueva apertura en Narón

Lidl abrirá este viernes su primera tienda en la localidad coruñesa de Narón, estreno con …