A UPG presenta en Narón un evento que inclue unha xornada formativa de pilates

O concelleiro de Deportes do Concello de Narón, Ibán Santalla, presentou este luns 21 o evento no que se dará a coñecer públicamente a asociación Unión Pilateira Galega (UPG) e se levarán a cabo catro masterclass e dúas worrshops a cargo de dous recoñecidos pilateiros, Jacobo Gómez e Mahsa G.

No acto estiveron presentes Sonia Rodo, presidenta da asociación e tamén Rebeca Pereira, vicepresidenta; Susana Doce, secretaria e Lydia Galán, vogal.

A convocatoria diríxese a profesionais e desenvolverase o vindeiro 2 de setembro nas instalacións do pavillón Campo da Serra, en Santa Icía, a partir das 9.30 horas. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo a través do teléfono 627 132 563, debendo abonar 40 euros se son socios da entidade ou 60 no caso de non estar asociados (o prezo inclúe o xantar nun local de hostalería da cidade).

O programa do evento dará comezo coa presentación para continuar con un mat a cargo de Jacobo e Mahsa e de 10.00 a 11.00 horas terá lugar un master de foam roller con Mahsa. Entre as 11.00 e as 13.00 horas desenvolverase un workshop de pilates mat clásico con Jacobo Gómez e de 13.00 a 14.00 un master de soft ball con Mahsa.

Haberá unha parada de 14.00 a 15.00 horas para o xantar e o programa retomarase ás 15.00, cun master de aro para seguir ás 16.00 cun workshop de patoloxías e ás 18.00 cun master con pesas.

A presidenta da Unión Pilateira Galega indicou que é o primeiro evento destas características que se organiza na comarca a este nivel e avanzou que as persoas que acudan obterán un certificado de asistencia. Así mesmo, explicou que a Unión Pilateira Galega estará presente na directiva da Federación Española de pilates, representada por cinco comunidades autónomas e da que na actualidade está pendiente de aprobación o seu rexistro.

O concelleiro de Deportes destacou a importancia de contar cunha asociación como a Unión Pilateira Galega en Narón, de moi recente creación e que ronda o medio cento de asociados. Santalla animou aos profesionais do pilates a inscribirse nesta convocatoria, “para poder desfrutar e aprender de recoñecidos formadores profesionais depilates” ao tempo que agradeceu a implicación da entidade naronesa por programar este evento na cidade.

Lea también

La judoca June Moreno campeona del sector oeste del Cto de España Absoluto

El domingo 17 se disputó en La Coruña el Trofeo Teresa Herrera “Sector Oeste del …