Áberto o prazo en Narón para os cursos «Internet e informática básica» e «Xestión de RRHH»

O concelleiro de Facenda e Novas Tecnoloxías do Concello de Narón, Román Romero, anunciou a apertura do prazo de inscrición, este luns 21 de agosto, en dous cursos da plataforma Cemit que se impartirán na Aula Cemit de Xuvia.

O edil informou que se trata das accións formativas “Internet e informática básica” e “Xestión de RRHH”. As persoas interesadas en anotarse poden inscribirse a través dos enlaces: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/42997https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/42998, respectivamente.

As sesións impartiranse, en ambos casos, do 11 de setembro ao 24 de outubro.

O curso de “Internet e informática básica” terá unha duración de 120 horas e impartirase en quenda de mañá, de 9.30 a 13.30 horas. Fundamentación da informática, que é un computador, hardware e software, elementos dun computador, introdución ao sistema operativo, uso do procesador de texto, introdución a internet, á web 2.0 e á administración electrónica son algúns dos temas que abordará o alumnado.

En canto ao curso de “Xestión de RRHH”, terá tamén unha duración de 120 horas, que se impartirán neste caso en quenda de tarde, dende as 16.00 ata as 20.00 horas. Os alumnos terán a oportunidade de abordar temas como definición do posto de traballo, definición de perfís laborais, competencias e formación, normativa laboral, seguridade social e cotizacións, liquidación do recibo de salarios, liquidación de cotizacións e aplicacións informáticas de xestión de RRHH.

Lea también

Música, maxia, xogos populares e degustación de callos e bolos preñados para celebrar o Día de Narón

  A Praza 23 de Novembro acollerá este sábado os actos do programa co que …