Seguindo o rastro do jazz desde Neda ata Cedeira

Rilo y Penadique «AMARES»

Para a súa terceira xornada o festival Jazz de Ría prepara un roteiro e tres concertos especialmente pensados para os enclaves escollidos.

A mediodía deste domingo a Ribeira de San Nicolás, en Neda, será o marabilloso pano de fondo para o neosoul en galego da banda Udra premiada na última edición dos premios Martín Códax da Música. Pola tarde en Cedeira, a programación comezará cun roteiro polo Sarridal que sairá do porto da vila para rematar no Castelo da Concepción cos relatos musicados do espectáculo ‘Amares’ no que Rilo & Penadique recrearán historias de mulleres do mar. E pola noite, no parque de San Isidro, Xosé Miguélez & Jean-Michel Pilc Quartet envolverán ao público nunha espiral de procura sonora e invención musical, na que o jazz será experimental ou non será.  

Programa do domingo 20 de Agosto das 13 ÁS 23:00 horas: 
Neda 13h ·  UDRA | Ribeira de San Nicolás 
Cedeira 18:30h ·  ROTEIRO DE SARRIDAL | Saída do porto 
Cedeira 19:30h ·  RILO & PENADIQUE “AMARES” | Castelo da Concepción
Cedeira 21:30h ·  XOSÉ MIGUÉLEZ & JEAN-MICHEL PILC QUARTET | Parque S. Isidro
 
Todas as actividades son gratuítas e de acceso libre, incluído o roteiro, aínda que non está recomendado para persoas con mobilidade reducida. 
 
 

Lea también

Presentación de la novela «Confesión» de Eduardo Martínez Rico, en Ferrol

  Recientemente tuvo lugar en el Casino Ferrolano la presentación de la novela «Confesión», de …