Comezan os traballos de limpeza nas márxenes da AG-64 en Narón e San Sadurniño

O Goberno Galego continuará a próxima semana cos traballos de limpeza nas marxes de estradas autonómicas nas 4 provincias de Galicia. Na provincia da Coruña, concretamente, avanzan as actuacións xa en marcha na autovía AG-64, nos concellos de Narón e San Sadurniño.

Estas intervencións están enmarcadas no novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, que supón un investimento de preto de 3 M€ para os dous próximos anos. As actuacións consisten na roza de vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas, así como no acondicionamento de zonas verdes en senllas peonís e glorietas e a reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas.

Con este programa, búscase previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …