Axenda en Narón do 18 ao 20 de agosto de 2023

Venres 18 de agosto de 2023

Actividade: Jazz de Ría Lugar: Parque de Freixeiro (en caso de choiva Pazo da Cultura) Hora: A partir das 21.30

Os concellos de Narón, Neda, Valdoviño e Cedeira organizaron a sétima edición do festival Jazz de Ría. Na primeira xornada actuarán o guitarrista flamenco Josemi Carmona e o saxofonista Jorge Pardo, que estarán acompañados polo pianista galego Moisés Fernández.

Sábado 19 de agosto de 2023

Actividade: Narón iD Lugar: Casa da Mocidade Hora: A partir das 10.30

O Concello e Asociación Koffi Games organizan este encontro para desenvolvedores e xogadores de todas as idades. Haberá obradoiros para público infantil e xeral, ponencias de profesionais na materia, un networking e unha feira de videoxogos en horario de mañá e tarde. A entrada é de balde.

Actividade: Jazz de Ría Lugar: Parque de Freixeiro Hora: A partir das 13.30

Os Bregadiers

A cidade acollerá dende mediodía os concertos de e Swing on DJs e pola tarde, dende as 16.30 os de Os Bregadiers, un obradoiro para crianzas ás 17.30 coa Escola da Vaca e un aula aberta de baile con Swing on ás 18.30 horas. A continuación serán os concertos de St. James Dixie Band, ás 19.30; o de Por mí, Swing, ás 20.30 e finalmente, a partir das 22.00 a actuación de Swing in DJs.

Actividade: Espectáculo de acrobacias en moto de Emilio Zamora Lugar: Avenida Cataluña Hora: A partir das 19.00

O Concello e a Asociación Boulevard Odeón organizan esta convocatoria, na que Emilio Zamora desafiará as leis da gravidade mediante acrobacias en motos Ducati. Haberá tamén música a cargo dun DJ ao remate do espectáculo.

Actividade: Carreira nocturna Cidade de Narón Lugar: Saída e meta na Praza de Galicia Hora: A partir das 20.00 as carreiras infantís e ás 21.30 a xeral.

O Concello convoca este evento, que alcanza a súa cuarta edición e no que participarán preto de medio milleiro de persoas, xunto co club Pasa ou Entorna.

Domingo 20 de agosto de 2023

Actividade: Narón iD Lugar: Casa da Mocidade Hora: A partir das 11.00

O Concello e Asociación Koffi Games organizan este encontro para desenvolvedores e xogadores de todas as idades. Haberá relatorios e clases maxistrais para público profesional ao longo da mañá e pola tarde, de 16.00 a 19.30 horas, unha feira Retro gaming. A entrada é de balde.

Actividade: Torneo Xuvenil Sinde´s Cup Lugar: Campo de fútbol de Sinde (O Val) Hora: A partir das 10.30 horas e pola tarde dende as 17.30

Os xuvenís do Celta de Vigo, o Deportivo da Coruña, o CD Lugo e o Racing de Ferrol disputarán este torneo, organizado polo Concello e a Sociedade Deportiva O Val.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …