Últimas prazas en Narón para matricularse nas tres Escolas Infantís Municipais

A concelleira de Ensino do Concello de Narón, Olga Ameneiro, informou que as tres escolas infantís municipais, as da Solaina, A Gándara e Piñeiros, dispoñen de vacantes para o vindeiro curso 2023-2024.

A edil naronesa indicou que nas instalacións da Solaina quedan dez vacantes para menores de 0 a 1 anos; seis para os de 1 a 2 e cinco para os de 2 a 3 anos.  Así mesmo, na escola infantil de Piñeiros hai doce vacantes de 0 a 1 anos, unha para a franxa de 1 a 2 e cinco para a de 2 a 3 e na da Gándara quedan libres nove prazas para nenas e nenos de 0 a 1 anos, unha para os de 1 a 2 e tres para os de 2 a 3 anos e en horario de tarde quedan cinco vacantes.

As matrículas poden tramitarse, ata esgotar as vacantes, a través do Rexistro municipal e tamén na Sede Electrónica do Concello de Narón.

Lea también

Apertura de prazo para que clubs e entidades soliciten o uso en Narón de instalacións deportivas

O Padroado de Deportes de Narón abre do 2 ao 23 de xuño o prazo …