Últimos días para poder participar no programa «Vacacións en Paz»

As familias que desexen participar no programa “Vacacións en Paz” poderán anotarse ata finais desta mesma semana. Así o avanzou a concelleira de Benestar Social do Concello de Narón , María Lorenzo, que recordou que a través deste programa cada verán chegan á cidade –e tamén a outros concellos- menores que residen nos campamentos de refuxidos saharauis de Tinduf, en Arxelia.

As familias que poidan acoller a algún neno ou nena (nados a partir de 2014) poden contactar coa delegada en Ferrolterra da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (Sogaps), Maite Martínez, a través do teléfono 618 379 868, onde tamén poden informarse deste programa, que conta coa colaboración do Concello naronés dende hai preto de tres décadas. A previsión é que os menores saharauis cheguen á cidade entre o 16 e o 20 de xullo, para convivir coas familias de acollida ata o vindeiro mes de setembro.

Neste tempo, as nenas e nenos poderán afastarse das elevadas temperaturas do deserto arxelino, que acada os 50 graos. Así mesmo, durante a súa estadía na cidade realizaránselles controis e revisións médicas. Dende o Consistorio e da asociación agradeceuse de antemán “a implicación de todas as familias que fan posible que sigamos mantendo este programa, moi beneficioso para os menores saharauis, porque sen a súa disposición e colaboración sería imposible facelo”.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …