O Grupo Naturgy informou ao Concello de Narón que na madrugada de maña mércores día 28 deixará fóra de servizo unha serie de instalacións, o que podería derivar en interrupcións no suministro eléctrico en varias zonas da cidade. A compañía indicou novamente que a medida responde á necesidade de realizar traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica.
Os cortes programados serán entre as 00.00 e as 02.00 horas, podendo afectar ás rúas Greco, Velázquez e 25 de Xullo. Así mesmo, entre as 02.00 e as 04.00 horas os cortes afectarán aos lugares de Aldea Lobeiro, Penelas e Pradedo.
A empresa solicitou de antemán desculpas polas posibles molestias ocasionadas.