O BNG leva ao Parlamento «os recortes na oferta formativa de FP nos centros de Ferrol»

O BNG  expresa a través dun comunicado que «a Consellería de Educación volve dar mostra do seu talante autoritario nunha nova reordenación educativa unilateral, xa que ven de comunicar unha proposta pechada de oferta formativa para o vindeiro curso académico consistente en promocionar a FP a distancia, incluso de forma parcial, chegando a substituír en moitos centros por esta modalidade a oferta modular ou mesmo ordinaria presencial»

«De feito, na comarca de Ferrol, os ciclos que pasan a ser a distancia cando o curso pasado impartíronse en presencial son os seguintes, no CIFP LEIXA o CS Promoción de igualdade de xénero, e no CIFP RODOLFO UCHA PIÑEIRO, o CM xestión Administrativa, o CM Sistemas microinformáticos e redes, o CS Desenvolvemento de aplicacións web, o CS Administración e finanzas, e o CS xestión de vendas e espazos comerciais, asemade toda a oferta de adultos deste centro vai ser dual ou a distancia», engade

O deputado do BNG, Mon Fernández lembrou que «ao mesmo tempo que o Partido Popular recorta a calidade e a oferta educativa na FP, nomeadamente naquelas familias vinculadas como Servizos Socioculturais e á Comunidade, Administración e Xestión, e Informática e Comunicacións, autoriza esta mesma formación en centros de titularidade privada»

Fernandez reiterou que «este proceder, premeditado e reiterado nos últimos anos, evidencia a planificación do Partido Popular para ir desmantelando o ensino público en Galiza, e nomeadamente no ámbito da FP nun momento en que debía ser potenciadas e reforzadas, tal e como están manifestando alumnado e profesorado dos diferentes centros educativos do país, así como organizacións sindicais que mesmo demandan a demisión ou cesamento da Directora xeral de FP»

Por todo o exposto, o BNG quere manifestar «o apoio á mobilización convocada pola CIG Ensino o 27 de xuño en Compostela, así como anunciar que vén de rexistrar no Parlamento Galego unha proposición non de lei instando á Xunta de Galiza a manter a docencia presencial na oferta modular e ordinaria da FP da comarca de Ferrol, así como a consensuar cos centros e o profesorado a oferta educativa de cada centro.»

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …