Emotivas palabras, con claros compromisos, pronunciadas por Rey Varela al tomar posesión de la alcaldía

«Son un ferrolán máis dunha cidade que vale a pena. Xuntos conseguiremos xestionar a súa recuperación porque tamén me sinto máis preparado que nunca para ser alcalde de Ferrol.
Los 25 que tomamos posesión hoy como concejales estamos llamados a liderar esta nueva etapa. No podemos ser un testigo mudo e inmóvil del destino de nuestra ciudad. Somos los depositarios de la esperanza de los ferrolanos» señalaba en face el nuevo alcalde, el popular José Manuel Rey Varela.

Pero algo que llamó la atención fue su discurso durante la sesión de investidura celebrada en la mañana de este sábado. Por su interés lo reproducimos íntegro porque en él se pueden vislumbrar lo que es y lo que quiere.

UNHA CIDADE IRREPETIBLE

«Ferrol é unha cidade lóxica enclavada nunha terra máxica, unha cidade irrepetible que nos convocou a todos o 28 de maio, e foron os ferroláns os que decidiron directamente quen sería o seu alcalde.

 Teño que recoñecer que estou fondamente emocionado, ao tempo que me embarga a responsabilidade. Emoción e respecto porque en tempos tan volubles de
ausencia de confianza na política os ferroláns outorgáronme en catro ocasións consecutivas os maiores niveis de apoio que nunca antes outorgaran a ninguén.
E, para min, a confianza maioritaria é imprescindible para gobernar, para facer realidade unha nova etapa, un gran cambio e un novo proxecto que ilusiona aos ferroláns.

 O pesimista queixase do vento, o optimista espera que cambie, e o realista axusta as velas. Por iso, na cidade da mar imos axustar as velas para que a nosa cidade teña bos ventos e unha singradura propicia».

Acompáñame unha tripulación excepcional, seleccionados do primeiro ao último para garantirlle a Ferrol o mellor goberno nos próximos anos. Discorrerá con traballo, prudencia e perseveranza para que seguindo o novelista americano William Faulkner “cada paso sexa unha meta sen deixar de ser paso”.

POR QUE ESTOU AQUÍ

«Por iso estou aquí.
En primeiro lugar, porque o meu principal obxectivo para este mandato era garantir un goberno estable en Ferrol e conseguímolo.Tanto esforzo valeu a pena.

O alcalde de Ferrol non dependerá de partidos, nin sequera do meu. Non dependerá de pactos de despachos nin de bloques, dependerá so dos ferroláns.
Pedinlle aos ferroláns que non mirásemos atrás, que superáramos os enfrontamentos e que nos uníramos a favor de Ferrol.

Xeramos un movemento cidadá de base e integrador, démoslle a palabra a miles de ferroláns para deseñar xuntos un proxecto de cidade para os próximos anos e os ferroláns responderon orgullosos da súa cidade e soñamos xuntos a cidade que queremos.  Soñámolo, pero todo está escrito.

Este proxecto non pertence a ninguén, senón a tódolos ferroláns. Noso é o futuro porque ninguén virá de fóra a arranxar os nosos problemas.Imos a xestionar xuntos a recuperación de Ferrol.

Estou aquí en segundo lugar porque quero a Ferrol por riba de tódalas cousas. Porque creo en Ferrol e nos ferroláns. Na nosa forza para superar a adversidade.

Fálalles o neno que deu os seus primeiros pasos nas manifestacións contra a reconversión naval dos anos 80, o neno que- como os de toda unha xeración- temía polo emprego dos seus pais, o neno fillo dos que protagonizaron a nosa CINZA, o neno que soñaba xogando na praza de Sartaña e o neno que se formaba en Recimil.

 Fálalles o mozo que admiraba as botaduras, que quedaba en Amboaxe para ver as procesións e tamén nas mellores praias do mundo, cun bocata do Canario, para gozar do verán cos amigos.
Un ferrolán orgulloso das nosas rondallas, da nosa cultura musical, do noso arte, das Meninas, do Pantin Classic, de Equiocio… e dos nosos deportistas.

Con «O Parrulo»

Estas semanas os ferroláns quixemos, un pouco máis se cabe, á nosa cidade: vibramos co Parrulo cantando “Esto es Ferrol”, Co Baxi cantando “Ahora nos volvimos a ilusionar” e co Racing 10.000 ferroláns entregados cantaron ao unísono no ascenso “Sé que aquí nací y aquí quiero quedarme”.

Son un ferrolán máis dunha cidade que vale a pena. Xuntos conseguiremos xestionar a súa recuperación porque tamén me sinto máis preparado que nunca para ser alcalde de Ferrol».

A ELECCIÓN DAS URNAS

O domingo 28 de maio os ferroláns falaron alto e claro nas urnas. Os ferroláns dixeron que querían un goberno municipal sólido e estable. Os ferroláns queren que a política municipal sexa un espazo de diálogo e de consenso onde resolver os problemas da cidade, e non o lugar para amosar só as disputas entre partidos.Tamén nos pediron nas urnas un cambio na forma de facer política. Xa non valen as vellas solucións para os problemas de sempre.

Por iso, quero dirixirme a tódolos membros da Corporación para tender a miña man e a do meu goberno ao consenso e ao diálogo. Se dende a minoría non se acadaron consensos, desexo que o fagamos dende a maioría. Debemos traballar unidos porque Ferrol necesita do esforzo de todos para saír adiante.

 A liberdade e a democracia alcanzan todo o seu sentido no exercicio do diálogo, a mesura e a tolerancia. Dicía o filosofo francés René Descartes que nada estaba mais repartido equitativamente que a razón, todo o mundo está convencido de ter a suficiente.

Trataremos de buscar o equilibrio e de escoitar antes de tomar unha decisión. Eses principios conformarán a nosa regra de ouro na convivencia política cotiá. Non só como palanca dialéctica, senón tamén como método de traballo á hora de tomar decisións transcendentais para a nosa cidade.

AGRADECEMENTO

 O agradecemento é a memoria do corazón. Nunca poderei esquecer a confianza de tantas persoas, con maneiras de pensar tan diferentes que tanto me teñen
apoiado e ensinado para converterme para sempre, estea onde estea, nun servidor de Ferrol. Lembro aquel café con Meca no Valencia de hai 20 anos, xusto antes de tomar posesión como concelleiro. Lembro os sosegados consellos do Capitán de Navío Luís Fraga, do Interventor Manolo Vázquez e do Secretario
Municipal, Leopoldo Moure. A aprendizaxe cos concelleiros veteranos como Margarita, Coral, Miramontes, Fernando Blanco, Couce Fraguela e Pepe Vilariño.

 Lembro as cartas de Couce Doce con consellos e as saídas ao Rivera porque xurara non volver a entrar no Concello despois daquela moción de censura que rematou coa evocación de Romanones.
Lembro como me cambiou a vida, sen sabelo, coa miña primeira incorporación á candidatura de Juan Blanco. Lembro os consellos de Xaime Bello na alcaldía ao seu concelleiro máis novo.
Lembro as miñas inversións en economía e contabilidade da man de Juan Juncal, que me fixo concelleiro de Facenda con 27 anos.
Lembro aquela carta de Nona de cor añil de hai 12 anos, cunha cita de León Felipe que dicía “para que o templo non se coma a doutrina”. E lembro cada día a Juan, acórdome del neste pleno e, agora, entendo mellor que nunca as súas frases “Bajar de la rama y estudiar en el pupitre” y “pongámonos los manguitos”.

Enténdoo porque son un ferrolán máis e, aínda que non o entendan fóra, nós saúdamos con Opa Ferrol, vamos a todo filíspin y hacemos gasolina…

E nunca poderei esquecer tanto sacrificio. Empezando polo sacrificio das nosas familias, que hoxe acompáñannos no salón de plenos.
 Quedoume gravada unha frase de Alfonso Rueda de hai moitos anos dicindo que “os políticos tamén temosfamilia”.

Vanme permitir que lle agradeza á miña muller Mary o seu apoio para que hoxe estea aquí. É o piar da miña vida!. É a que me pon os pés na terra rebelándose contra os convencionalismos da política; a que me fai sentir seguro na vida porque sei moi ben que esta etapa pasará, que os cargos son efímeros e que quen sempre estará aí será unha familia marabillosa.

E vanme permitir que saúde tamén á miña nai e que cante con Dani Martín “cómo me gustaría contarte” lembrando á miña irmá Patricia no nome de todos os seres queridos que perdimos e que se converteron en estrelas que alumean o noso camiño, nunca doado, pola vida.
Esas estrelas permítenme lembrarme das persoas que sofren. A todas as persoas que- por unha razón ou outraporque na vida xamais faltan nin golpes nin adversidades, están a pasalo malo, a elas quero dicirlles como alcalde de Ferrol que non están soas, que na cidade de Concepción Arenal este concello é a súa casa. Estar sempre do lado dos máis débiles non é para min unha obriga política, é froito dunha convicción moral. E que o importante non é caer,
senón ser capaces de volver a erguernos.

Prométolles que non vou fallar aos ferroláns, da mesma maneira que non fallaría ao meu fillo Adrián, que aínda que é un neno, ten a idade suficiente para saber que neste mundo basicamente hai dúas maneiras de facer as cousas: ou ben ou mal.
As nosas adiantadas desculpas polos momentos nos que faltaremos por asumir o reto de liderar unha nota etapa, unha etapa ilusiónante coa que pretendemos recuperar o futuro desta cidade e darlle un futuro mellor aos nosos fillos.

Asumimos con enorme respecto o traballo das corporacións municipais anteriores. As presididas por Don Jaime Quintanilla Ulla, Don Alfonso Couce Doce, Don Manuel Couce Pereiro, Don Mario Villamil Pérez, Don Juan Blanco Rouco, Don Xaime Bello Costa, Don Juan Juncal Rodríguez, Don Vicente Irisarri Castro, Don Jorge Suárez Fernández e Don Ángel Mato Escalona. “Honraremos o pasado, melloraremos o presente e cambiaremos o futuro”.

Comprometín cos ferroláns que non perderíamos nin un minuto. Por iso, mañá mesmo formarei goberno para que o luns comece a traballar a primeira hora da mañá.
E, por iso mañá, comezarei a escoitar aos empregados municipais cos que traballarei para mellorar os servizos públicos e poñer a Administración ao servizo dos veciños.

Serei un alcalde que escoite e un alcalde que estará máis tempo na rúa que no despacho, na rúa e en Santiago e en Madrid defendendo os intereses de Ferrol porque Ferrol non quere ser máis que ninguén, pero tampouco conformarase con menos.

A transformación de Ferrol non só depende da corporación municipal, depende tamén doutras administración, da sociedade civil, dos axentes sociais, dos emprendedores, da colaboración público-privada, de atraer inversión, de potenciar a marca Ferrol, dos nosos mozos e das mozas, das numerosas entidades coas que contamos como un gran tesouro e que son a mostra clara do pluralismo de Ferrol e das ansias de participación.

Se algo vai ter claro o novo Goberno municipal é que vai estar sempre do lado dos seus veciños. Aquí non sobra ninguén. E este Concello vai respectar, como non podería ser doutra maneira, as ideas e opinións de todos, voten o que voten, porque eu me debo a todos, tanto aos que me votaron coma os que non.

En definitiva, o futuro de Ferrol depende de todos nós, da nosa capacidade para aunar esforzos, concitar consensos, catalizar novos proxectos e aproveitar sinerxias, trátase de facer un novo Ferrol entre todos.

Por iso, convoco a todos e todas á gran tarefa de reinventar Ferrol, para incrementar a ilusión e o orgullo de ser ferroláns. Reinventar é rebelarnos contra a resignación e repoñer a autoestima colectiva. É, en definitiva, xestionar a recuperación transformando os problemas en oportunidades.

DEFENDER FERROL

Hoy Ferrol contará con un Alcalde que buscará la colaboración de todas las Administraciones porque todos somos necesarios para levantar Ferrol.  Vamos a ser leales con el presidente de la Xunta al que le agradezco de corazón su apoyo y con el Presidente del Gobierno de España. Pero también exigentes porque este Alcalde no quiere más que nadie, pero tampoco se conformará con menos.

Ferrol es sobre todo, la ciudad departamental. Su nacimiento como ciudad se debe a una decisión del Estado, por sus características naturales y estratégicas. Para crear en nuestra ría un Astillero para construir barcos y un Arsenal para albergarlos.ç

Durante tres siglos la ciudad, la Armada, Navantia y el Puerto formaron una única realidad y unieron sus destinos forjando el ADN de miles de ferrolanos de distintas generaciones. Y, por eso, el Estado tiene que cumplir con Ferrol y con los ferrolanos. Sé muy bien por mi experiencia que las decisiones más importantes para Ferrol se toman en Madrid.

El próximo 23 de julio los españoles decidirán en las urnas el próximo Presidente del Gobierno de España, como el pasado 28 de mayo los ferrolanos decidieron quién sería su alcalde. Y al Presidente del Gobierno que salga elegido por los españoles, este Alcalde le exigirá que cumpla con Ferrol.

EJES GOBIERNO MUNICIPAL

Hoy iniciamos una nueva etapa para Ferrol. Los 25 que estamos hoy aquí estamos llamados a liderar esta nueva etapa. No podemos ser un testigo mudo e inmóvil del destino de nuestra ciudad.

Esta Corporación es la depositaria de la esperanza de los ferrolanos.
.Quiero que no nos conformemos con los lamentos por lo que no se ha hecho, y nos pongamos manos a la obra para todo lo que podemos hacer.
• Quiero que nos unamos frente a la resignación.
• Quiero que desbloqueemos la ciudad.
• Quiero que aquí podamos vivir, trabajar, disfrutar, vender, comprar, crecer barrio a barrio, momento a momento.
• Y quiero que vayamos a por todas.
• La confrontación y la crítica ya han formado parte de los últimos años y no han solucionado nada.

No se trata de buscar culpables, sino de encontrar soluciones. Este Gobierno trabajará con una hoja de ruta definida. Una hoja de ruta que se irá evaluando a lo largo de los primeros 100 días, a mitad del mandato y al final de estos cuatro años.

 Como Alcalde de Ferrol pondré todo mi empeño en liderar un proceso de cambio que haga de Ferrol una ciudad con oportunidades de futuro para todos. Es un honor contar con tanta confianza por parte de los ferrolanos, pero ese honor conlleva también una gran responsabilidad.

• Apostaré por el empleo y por la recuperación económica, porque esa es la principal preocupación de los ferrolanos. Porque he visto desde niño como tantos jóvenes tuvieron que marcharse y no quiero que mi hijo se tenga que ir de Ferrol por no tener oportunidades.

Aprobaremos en los primeros 100 días el presupuesto de 2023. Para movilizar los recursos de todos los ferrolanos a favor del empleo.
• Reorganizando las áreas municipales para agilizar y dar mayores facilidades a los vecinos.
• Aprobando las normas para garantizar el plazo de emisión de licencias en tres meses.
• Pondremos suelo industrial a disposición de empresas que generen nuevos empleos.
• Apostaremos por la diversificación industrial, por la Eólica Marina, por las energías verdes, por reparaciones, por la transformación del Astillero 4.0, por la regeneración de la ría y por polos de innovación
• Volveremos a poner en marcha los servicios municipales y sentar las bases para la transformación de la ciudad

Porque un alcalde tiene que estar en los grandes temas, pero también en los del día a día.
• Grandes proyectos de transformación urbana como el saneamiento de la zona rural, urbanizar el Sánchez Aguilera derrumbando sus muros y ganando zonas verdes, Abrir Ferrol al Mar o la rehabilitación de nuestros cascos históricos.

 Pero empezaremos limpiando las calles, arreglando los jardines, tapando los baches, desbrozando las pistas del rural y haciendo que se cumplan los plazos de las obras iniciadas.
• Dotaremos de aparcamientos a los barrios de la ciudad, y daremos facilidades para aparcar y circular.
• Pondremos Ferrol al servicio de las personas.
Nuestros mayores nos lo han dado todo y tras años de esfuerzo tenemos que devolvérselo.

Por eso, en los primeros 100 días aprobaremos un Plan de Contingencia para reducir la lista de espera del Servicio de Ayuda en el Hogar y reabriremos los Comedores Sénior.
• Modernizaremos nuestras instalaciones sanitarias y crearemos plazas residenciales para nuestros mayores.
• Arreglaremos nuestras instalaciones deportivas para la práctica del deporte de nuestros niños.
• Apoyaremos a las familias, promoveremos la igualdad de oportunidades y las políticas de conciliación e inclusión social

Eso es lo que quiero para mi ciudad. El mejor lugar para vivir. Pondremos la Administración al servicio de los ferrolanos a través de una profunda reorganización administrativa por la que llevamos años esperando.Por eso, desde mañana tendremos un gobierno de 13 para comenzar a trabajar por Ferrol desde el minuto uno.

• Con un ayuntamiento abierto a los vecinos.
• Implementando las más modernas técnicas del derecho y de las políticas públicas sobre Buena Administración.
• Donde su Gobierno recorrerá todas las semanas los Barrios y las Parroquias de Ferrol, para seguir hablando con la gente y
que nostrasladen de primera mano cuáles son los problemas
de su barrio y sus necesidades.

CRER EN FERROL

Ferrol non é unha cidade calquera, en ningún caso é unha cidade máis. Ferrol é, por dereito propio, a capital do Norte de Galicia xunto coas cidades irmáns de Lugo e Mondoñedo e temos que asumir esta responsabilidade. Na nosa cidade conclúen o carácter de gran porto Atlántico e de vínculo das grandes vías oceánicas a través das comunicacións terrestres con toda a cornixa cantábrica e o Eixo Atlántico, que nos conecta coa cidade irmá de Vila do Conde.

Temos a obriga, incluso dende unha perspectiva moral, de tomar conciencia do que a nosa cidade representa como urbe, coma eixo de comunicación e tamén como espazo de dinamización económica para toda a zona setentrional da Coruña e Lugo. Debemos asumir o liderazgo como faro do Atlántico que se espera de nós, non só no ámbito comarcal, senón tamén no contexto da nosa comunidade, unha Galicia global.

A nosa cidade ten que facer que a súa voz se escoite tanto dentro como fóra de Galicia e estou en condición de garantirlles que así será. Prómetolles que cando de defender a Ferrol se trate, a min non me vai tremer a voz. XAMAIS.

 Ferrol sempre amou a liberdade, e iso debería motivarnos para non caer xamais na resignación. Temos unha cidade infinitamente máis grande nos
corazóns das persoas que nos mapas de xeografía. E iso é así, sobre todo, grazas ao máis importante que temos que é o capital humano, a capacidade creadora e transformadora dos ferroláns.

• O primeiro Campus Industrial de España, un campus e centros educativos punteiros. Onte mesmo un estudante de Ferrol acadaba a máxima nota de Galicia na ABAU
• Temos unha identidade cultural de tal riqueza que somos o tempo a cidade na que naceron Torrente Ballester e Carvalho Calero.
• Hoxe pon música a este acto solemne o Coro decano de Galicia, o Real Coro Toxos e Froles, que esta tarde celebrará no Teatro Jofre os seus 50 anos de irmanamento co Rancho da Praza.

Ferrol non somos só os ferroláns que nacemos aquí. Ferroláns dun xeito ou doutro, tamén son os que veñen a traballar ou estudar tódolos días á nosa cidade. A nosa é unha cidade, coma o Cristo de Corcovado, ten os brazos abertos para darlle a benvida a todos cantos chegan.

Imos facer ese chamamento para que saiban que Ferrol é a mellor cidade para vivir e para visitar. Por iso, o Turismo será unha das nosas apostas aproveitando que de Ferrol sae o Camiño Inglés a Compostela.
Estou convencido, ademais, de que Ferrol conseguirá ser declarado, pola Unesco, Patrimonio Mundial. Ferrol posúe un patrimonio, tanto material como inmaterial, absolutamente formidable (as fortificacións da ría, o Castelo de San Felipe, o Arsenal, o barrio da Magdalena…) a Semana Santa, de interese turístico internacional, e as Pepitas, que de seguro en breve acadaremos o recoñecemento nacional.
• Dicía Torrente Ballestar “as cousas só deixan de existir cando se deixa de crer nelas”.

Estou convencido tamén que esta vez non podemos perder o tren que nos conectará co resto de Galicia, con España e con Portugal.

Invito aos ferroláns a crer e confiar nas nosas potencialidades, só así conseguiremos garantir o futuro que Ferrol se merece.
Nós comezamos a traballar xa dende hoxe. A folla de ruta é a que deseñamos cos ferroláns e xuntos percorreremos o camiño, non exento seguro de dificultades, pero con moita experiencia, determinación, ilusión e esperanza.

Con humildade infinita asumo a responsabilidade de ser o alcalde de tódolos ferroláns. Humildade para non sentirme dono de ningún cargo, senón depositario da confianza e da esperanza de tódolos ferroláns.
• OPA FERROL!!!!

«.

Lea también

Psoe Ferrol urxe a reparación e mantenemento dos espazos culturais

A concelleira socialista Montserrat Dopico insta ao goberno de Rey Varela «a acometer as obras …