A parroquia do Val acollerá este sábado os actos centrais da Recreación da Lenda da Pena Molexa

A parroquia naronesa do Val acollerá este sábado día 17 os actos centrais da Recreación da Lenda da Pena Molexa, unha programación deseñada dende o Padroado da Cultura de Narón en colaboración coa Asociación de Veciños “Os Irmandiños”, do Val, e que se iniciou a pasada fin de semana cunha andaina solsticial e unha ruta cicloturista.

Na xornada de mañá retomarase a programación ás 18.00 horas cunha sesión de xogos tradicionais e populares dirixidos a persoas de todas as idades. A partir das 20.00 horas haberá unha churrascada popular e ás 22.00 horas comezará a música, a cargo da formación galega Treixadura e, sobre as 00.30 horas poderase ver á charanga Alxibeira. Entre as dúas actuacións, concretamente ás 00.00 horas, terá lugar a tradicional recreación da Lenda da fada da Pena Molexa, na que alumnado da Escola de Teatro de Narón representará a historia dunha moura que pola noite se convertiu en rocha, coincidindo co solsticio de verán.

Dende o Concello animouse á veciñanza da cidade e doutras localidades a acudir a esta celebración, unha das máis tradicionais e representativas da historia e do patrimonio cultural de Narón.

Lea también

Uns 300 deportistas participarán este sábado 20 no Acuatlón Cidade de Narón

Uns 300 deportistas participarán mañá no Acuatlón Cidade de Narón. Campionato Xunta de Galicia organizado …