Sábado 17 de xuño
-Actividade: Conferencia “Saúde mental na actualidade: invalidación, esixencia e positivismo tóxico»; ás 11.00 h. no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros.
A psicóloga Paula Marín será a encargada de pechar o ciclo de conferencias organizado polo Concello no marco do programa de Prevención da depresión e mellora da saúde mental: “A saúde mental é cousa de todos e todas”. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
-Actividade: “V Bandeira Cidade de Narón” ás 16.45h. na Enseada da Gándara.
Uns douscentos deportistas de doce clubs galegos participarán neste evento deportivo organizado polo Concello e o Club de Remo Narón.
-Actividade: Recreación da Lenda da Pena Molexa; A partir das 18.00 horas nas inmediacións do Centro Cívico Social do Val e da Pena Molexa.
O Concello de Narón e a AVV “Os Irmandiños” do Val conmemorarán con varias propostas os actos centrais da Recreación da Lenda da Pena Molexa. Xogos populares, unha churrascada popular, os concertos de Treixadura e a música popular coa Charanga Alxibeira completan as propostas que se desenvolverán xunto coa propia Recreación da Lenda da Fada da Pena Molexa, ás 00.00 horas.