Axenda en Narón do 8 ao 10 de xuño de 2023

Xoves 8 de xuño de 2023:

-Actividade: Día do Medio Ambiente

O Concello desenvolve xunto coa asociación de Tempo libre Croio os actos do Día do Medio Ambiente, con varios obradoiros abertos á cidadanía en xeral e unha plantación de árbores autóctonas a partir das 18.00 horas no Paseo de Xuvia (inmediacións do parque infantil).

Venres 9 de xuño de 2023:

-Actividade: Presentación do libro “El tren de la poesía” ás 18.30h. na Biblioteca municipal (sala multiusos da planta soto). A escritora Maite Gascón presentará o seu libro , unha publicación orientada a espertar o gusto pola poesía nos menores de entre 6 e 8 anos. A convocatoria está aberta á cidadanía en xeral.

-Actividade: Ciclo de conferencias do programa de Prevención da depresión e mellora da saúde mental ás 19.30h. no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros. A médica psiquiatra Teresa Velasco e o psicólogo clínico Ricardo Vázquez falarán sobre “Psicoloxía e psiquiatría, diferenzas e traballo conxunto”. Convocatoria, que remata este mes.

-Actividade: Andaina solsticial no Val.

A programación de actos da Recreación da Lenda da Fada da Pena Molexa levarase a cabo na parroquia do Val dende hoxe, cunha andaina solsticial onde os participantes realizarán un percorrido que iluminarán con fachos. Organiza o Concello de Narón, a través do Padroado da Cultura, en colaboración coa AVV Os Irmandiños do Val. Saída do convento de Baltar (O Val), ás 22.30h.

Sábado 10 de xuño de 2023:

-Actividade: Raid Cidade de Narón;  O Concello de Narón  e o Club Gallaecia Raid organizan esta convocatoria, que consistirá nunha carreira a pé, en bicicleta de montaña, patíns e kayak. De 10.00 a 19.00 con Saída do paseo de Xuvia.

-Actividade: Roteiro cicloturista pola parroquia do Val; A programación das lendas da Lendas da Pena Molexa inclúe esta actividade, aberta á participación da cidadanía en xeral e que non precisa de inscrición previa. Saída ás 11.00 horas do Centro Cívico Social do Val.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …