Narón-O BNG critica as obras nas esquinas das beirarrúas e o concelleiro Pablo Mauriz da resposta

Fot. BNG

O BNG remitiu un comunicado no que sinala que estanse a realizar obras en distintas rúas do concello: 25 de Xullo, Pintor Máximo Ramos, Reis Magos…, concretamente nas esquinas das beirarrúas e nas zonas de acceso ao pasos de peóns, salientando nestas a retirada das rampas de acceso aos mesmos polo que se anula totalmente a accesibilidade a estes pasos por parte de moitos viandantes.

“Desde o BNG pelexamos día a día pola accesibilidade e a inclusividade e non entendemos a retirada destas rampas de acceso aos pasos de peóns, a non ser que sexa para facer pasos de peóns elevados, pero aínda así sería preciso informar sobre as obras aos grupos políticos que forman o pleno da corporación municipal, á veciñanza, e ás entidades que traballan día a día pola mellora da accesibilidade con persoas de mobilidade reducida, e proporcionar unha alternativa para poder cruzar as rúas en canto non esteñan as obras realizadas”, indica Olaia Ledo, portavoz municipal.

RESPOSTA DO GOBERNO LOCAL

Pouco mais tarde  dende o concelleiro en funcións, Pablo Mauriz,  deu  unha resposta  na que indíca que » quere manifestar, con respecto ás obras de accesibilidade nos pasos de peatóns que non se retiraron rampas de acceso senón que se están realizando obras para mellorar a accesibilidade».

O primeiro que ten que entender o BNG é que as obras están en proceso de execución, polo que aínda non remataron e o segundo, que esa accesibilidade se mellora ou poñendo o paso a cota cero coa calzada ou elevando o tramo do vial á altura da beirarrúa, opcións ambas que se aplican habitualmente no termo municipal para este tipo de actuacións”.

En canto á información do proxecto Mauriz recalcou que os proxectos pode consultalos a cidadanía en xeral na Plataforma de Contratación do Estado e, a maiores, os grupos políticos, como ben debería saber a voceira do BNG, téñena tamén á súa disposición no Concello. “En ningunha das comisión ao respecto, nin ante o concelleiro de Obras, o BNG se interesou por estes traballos que agora, sen rematar, critica sen fundamento nin lóxica algunha”.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …