A Escola de Participación Cidadá organiza unha nova edición das Merendas LGTBIQ+

O concelleiro en funcións de Participación Cidadá do Concello de Narón, Román Romero, anunciou unha nova convocatoria das Merendas LGTBIQ+ organizadas a través da Escola de Participación Cidadá.

O edil naronés explicou que se trata dunha iniciativa aberta á participación de mocidade lesbiana, gay, bisexual, trans, intersexual e queer, de entre 14 e 18 anos, que terá lugar o vindeiro 22 de xuño, de 17.00 a 19.00 horas na Casa da Mocidade, na Gándara.

“É unha proposta concebida coa vontade de ser un espazo de encontro e apoderamento dinamizado no que as persoas que acudan poidan compartir referentes, redes de apoio mutuo e afondar na realidade da mocidade LGTBIQ+”, asegurou.

Para poder asistir é preciso inscribirse previamente, de balde, a través do enlace: https://cutt.ly/dww2ckXb co fin de que a organización dispoña dunha previsión do número de participantes nas merendas LGTBIQ+.

As persoas que desexen recibir máis información poden chamar ao número de teléfono da Escola de Participación Cidadá de Narón: 603 865 413 ou entrar nas redes sociais da citada entidade @EscolaParticipacionNarón ou na web do Concello de Narón: www.naron.es.

Dende o Consistorio de Narón animouse a asistir ós mozos aos que se dirixe esta convocatoria, co fin de compartir un tempo conxunto e intercambiar impresións sobre os referentes LGTBIQ+.

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …