Os candidatos do PP,BNG e PSOE comprometéronse na defensa dos dereitos dos bomberios de Narón

Fot. Speis

Nunha nota facilitada pola sección sindical  da CGT do Concello de Narón se sinala que  «logrou un compromiso d@s candidat@s á alcaldía de Narón Olaia Ledo, Germán Castrillón e Jorge Ulla. Tres dos catro partidos que constitúen o pleno do noso concello: BNG, PP e PSOE comprometéronse a cumprir coa lei de prevención de riscos laborais e aumentar os servizos mínimos dos Bombeiros de Narón a 5 profesionais por garda durante a próxima lexislatura».

O sindicato «lamenta que a candidata de TEGA, Marián Ferreiro, aínda non se pronunciou ante esta necesidade urxente. A pesares do rotundo éxito dunha
campaña na que se recolleron 5.000 sinaturas entre a cidadanía de Narón para que se aumentaran os servizos mínimos de bombeiros; nin o informe da
inspección de traballo, que visitou as instalacións do parque de bombeiros o 2 febreiro, informando ó concello de que antes do día 23 de xaneiro do próximo
ano deberá de aumentar o persoal para que a dotación de bombeir@s de garda poida traballar nas condicións de seguridade que establece a lei».

Dende a CGT sinalan que «sempre defenderemos o diálogo e pedímoslle á candidata de TEGA que recapacite e adquira o mesmo compromiso»

Lea también

Club Arco Narón obtiene muy buenos resultados en la III jornada de la Liga galega indoor

Gran cosecha de podios para los deportistas de la Escuela Deportiva Municipal de Narón de …