«O noso proxecto é unha alternativa de futuro» (Ivan Rivas-BNG)

(Texto y gráficas de Niko Sánchez).-Quedamos con Ivan Rivas, número un na candidatura do BNG ás municipais. Un home bregado na loita municipal e que novamente volve presentarse tratando de lograr “unha boa situación” tras a votación cidadá deste domingo.

A entrevista realizámola na sede de campaña, na rúa Dores, 66, lugar onde este domingo xunto cos seus compañeiros de candidatura estará pendente do que digan as urnas. E sen máis..á entrevista.

N S.-Fillo dunha concelleira poderíase decir de vostede que é un político de cuna. Canto de “culpa” ten a sua nai de que vostede tomase o seu relevo poítico ?

I R.-«A vida va-la construindo en base as ensinanzas de xente , unhas veces dende una formación máis ou menos regladas e outras dende unha perspectiva máis emocional.
Si algo considero é  que todos somos políticos, con máis o menos presenza pública pero todos temos comportamentos políticos e as decisions que se toman tamen teñen unha orientación dese tipo».

N S.-Arquitecto de formación, ténico superior de Urbanismo e master en rehabilitación . Ten vostede en Ferrol o panorama perfecto para facer un “doutoramento”.

I R.«Ainda que Ferrol e a cidade galega que máis vivenda  rehabilita parece que queda moito por facer.
A día de hoxe a arquitectura e a ordenación do territorio e un campo no cal temos que empezar a empregar unha meodoloxía mais áxil onde a participación de veniños e veciñas sexa máis directa .
A realidad de Ferrol é que é unha cidade extraordinaria cun patrimonio construido anónimo moi singular que cumpre recuperar. Ferrol ten una potencialidad e recursos inmensos .
Tamén debemos apostar pola mobilidade. A xente cada vez ten máis problemas de mobilidade, e temos a obriga de garantila, dotando á cidade de infrastructuras ferrroviarias e coa creación dun transporte publico municipal de calidade».

N S.-Ferrol conta con xoias arquitectónicas en estado de ruina e desuso. Pensa vostede que falta concienciación de manter e recuperar este patrimonio ?

I R.A xente esta concienciada , o que necesita son solucións qué deben ser abordadas dende o ámbito político.
Non e unha cuestión estética , a realidade é que as vivendas non responden ás demandas actuais. Temos que traballar en adecuar esas vivendas ás necesidades actuales y dotalas das condicións de habitibilidade necesarias» .

N S.-¿Canto ten que ver a escasez de comercio local cos altos prezos do aluguer de baixos comerciais no centro ?

I R.-«Dende logo que si. O feito de que haxa uns prezos elevados é un problema para o que nós temos propostas para resolvelo . Dende o BNG propoñemos a creación dunha bolsa de baixos valeiros no que concello actue como xestor , regulando un rango razonabel de prezos para o aluguer».

N S.-Ferrol semella ser unha cidade que mira máis para o pasado que para o futuro, ten que ver con las políticas desenvolvidas nos últimos anos o máis co carácter escéptico do ferrolán?

I R.-«O ferrolán ten pouco de escéptico, pero necesita romper co pasado.Un pasado que é froito das políticas feitas ata agora. Tres dos candidatos que se presentan a estas eleccións tiveron a súa oportunidade de facer algo diferente e non o fixeron. O que necesita Ferrol é fixar un obxetivo que lle faga mirar cara ó futuro».

N S.-¿Conta a sua candidatura con posibilidades reáis de alcanzar a alcaldía nestas eleccions ?

I R.-«Presentámonos para iso , para liderar un proxecto político e facelo sobre a base da confianza dos seus veciño e veciñas».

N S.-De repetirse o resultado electoral de fai catro anos, exixiría vostede entrar no goberno para volver a apoiar a investidura de Angel Mato ?

I R.-«No pasado tomamos a decisión de darlle a oportunidade ao candidado socialista porque pensabamos que a xestión que había deixado o PP non fora moi beneficiosa.
Dende logo a xestión do goberno non foi a mellor das posibles. Pero ainda que no pasado algunhas das nosas propostas no se consideraron aceptables , a dia de hoxe se están valorando. A politica ten que basearse na negociacion e nos acordos, actuar doutro xeito é irresponsable e anacrónico.
Veremos o que acontece o día 28″.

N S.-Oito anos de goberno de esquerdas e servizos básicos como augas , lixo , xardíns , bombeiros, seguen a ter os mesmos problemas. É un problema de burocracia ou de incapacidade política ?

I R.-«Dende que se aprobou a lei de estabilidade orzamentaria desapareceron 41 postos de trabalo no concello de Ferrol .Esta política a iniciou o Partido Popular con maioría absoluta e se lle foi dando continuidade ata hoxe . A consecuencia de esto é que cada vez os servizos son peores eas condicións son
máis precarias».

N S.-O BNG foi o único partido que se opuxo á firma do convenio con Defensa. ¿Que solución propón vostede para o Sánchez Aguilera ?

I R.Parece sorprendente que co patrimonio e cantidade de vivendas vacías que temos en Ferrol , se nos propoña a creación no Sánchez Aguilera dun gran centro comercial con 460 vivendas. Temos xa parcelas urbanizadas no Bertón e Canido preparadas para empezar a construir vivendas si esto é o
que se quere facer, nos dende logo apostamos pola rehabilitación das vivendas e aproveitar ese espazo para a creación dun gran parque urbano. Ferrol necesita espazos agradables con vexetación e de calidade urbán».

N S.-Qué aporta a súa candidatura que non aporten o resto ?

I R.-«O noso proxecto é unha alternativa de futuro que dende unha visión vangardista fará qué Ferrol poida marcarse un obxetivo que lle permita romper coa desidia do pasado».

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …