Un equipo de cinco bombeiros do SPEIS de Narón parte este martes cara Ourense para axudar na extinción de incendios

SPEIS Naron

Ante a solicitude de medios por parte do 112 Galicia-AXEGA, este martes 19, a primeira hora, sae un equipo formado por 4 bombeiros e un mando para colaborar na extinción da vaga de incendios que sofre dende hai días a provincia de Ourense. En relación aos medios desprazados, os bombeiros naroneses levan un camión autobomba forestal, un autobomba lixeiro, motobombas portátiles, mochilas extintoras e repetidor de comunicacións portátil.

A mellora en relación ao risco de incendios na nosa zona polo cambio nas condicións meteorolóxicas en canto a baixada de temperaturas e humidade posibilitan que o parque de bombeiros de Narón poida prestar esta axuda.

O concelleiro de Seguridade Cidadá, José Oreona, asegurou que “dende o Concello de Narón contribuiremos cos medios materiais que estean ao noso alcance para poder axudar e agradecemos e valoramos, como non pode ser doutro xeito, o ofrecemento dos nosos bombeiros que partirán mañá cara Ourense para axudar na zona ante unha catástrofe destas dimensións”.

Lea también

Lucas Pérez convidado de luxo en Narón na entrega de diplomas do campus Xoán Ramos

A alcaldesa Marián Ferreiro e o edil de Deportes, Ibán Santalla, acompañaron o futbolista de …