Iván Rivas, candidato do BNG á alcaldía de Ferrol presentou este domingo 21 nun acto no cruceiro de Canido «as liñas da política cultural dun goberno do BNG na nosa cidade e o fixo acompañado polo crítico músical, Pepe Cunha» Rivas afirmou que «a política cultural en Ferrol debe apostar pola creación cultural propia e deixar de ser algo máis que unha programación de eventos»
Iván Rivas considera que «en Ferrol temos que empezar a pensar que a política cultral ten que ser unha política cultural creadora, cunha visión galega, de apoio a creación local e que atenda realmente ao que demandan os veciños de Ferrol»
Rivas defendeu a idea de que «é preciso sacar do ostracismo e poñer en valor os grandes recursos que temos, na cidade. Impulsar as celebracións como os maios de Canido, a tradición do San Xoán ou mesmo o Samaín que se estan intentando poñer en Valor referencias dunha cidade popular que compre que tañamos en conta para definir o futuro desta cidade»
Iván Rivas considera que en Ferrol «temos que empezar a pensar que somos a referencia para moitos galegos en moitos ámbitos culturais e puxo como exemplo ao coro Toxos e Flores, o decano dos coros galegos, que nos vincula coa música tradicional con todo o que se está a vivir a día de hoxe nese acmpo músical»
Rivas non quixo esquecerse da lingua e afirmou que «é significativo que nesta campaña eleitoral tanto o PP como o PSOE eviten desenvolver calquera tipo de acto público na lingua. Por isto no proximo goberno local temos que ser capaces de desenvolver espazos de socialización en galego para a xente máis nova onde poidan expresarse a través da nosa lingua que forma parte intrínseca da nosa cidade»
Rivas considera que «desde o goberno local tense que desenvolver unha politica culural creadora. Censurou que durante os últimos anos a cultura limitouse exclusivamente en contratar actuacións máis ou menos agradables ou maioritarias, pero a cultura é algo máis que ver o que se fai noutros lugares ou nesta cidade. Para o BNG a cultura é crear e nesta cidade temos moita potencialidade polo que é preciso dotar dos recursos necesarios às creadoras para que poidan desenvolver a súas actividade en Ferrol de maneira libre e contando co respaldo e apoio do concello»
«Puxo como exemplo os locais de ensaio que considera deben ser integrados no novo espazo que se cree despois da derruba da nave do mercado, a recuperación da banda de música municipal ou colaborar coas múltiples entidades que fan teatro amador na cidade e expandir as actividades culturais por todos os barrios e parroquias do concello»