O BNG de Narón presentou o plan director para as vivendas da Mariña e barrio da Solaina

Olaia Ledo, candidata do BNG á alcaldía de Narón, anunciou na mañá deste domingo nun acto celebrado no local social das vivendas da Mariña o proxecto e plan director que a organización nacionalista ten para o barrio. No encontro participaron tamén Dolores Prieto; veciña do barrio e directora da Galiña Azul de Narón, e Geno Carballeira, concelleiro e nº2 da candidatura.

“Somos a única alternativa de esquerdas no concello e iso nótase no noso proxecto centrado nos servizos públicos e nas persoas, e este barrio precisa incentivos de mellora e sobre todo que as persoas que vivan nel teñan garantido o benestar deles e as súas familias. Por iso tamén presentamos a nosa infraestrutura verde urbana pensada, por exemplo, con xardíns verticais nas vivendas das Casas da Mariña, unha senda ao carón do río inclusiva e a súa limpeza; hortos urbanos e actividades de rúa organizadas entre o concello e a veciñanza. En definitiva un barrio vivo, dinámico e consciente do seu potencial” dixo Olaia Ledo.

Lea también

Club Arco Narón obtiene buenos resultados en el Campeonato Gallego

El  pasado sábado a jornada completa compitieron las más jóvenes de Arco Recurvo y las …