Iván Rivas candidato do BNG a alcaldía de Ferrol, presentou este venres 19, «unha proposta consistente en dotar á cidade de Ferrol de máis de 500.000 m2 de zonas verdes que poidan estar conectadas entre sí mediante vías peonís e ciclabes»
Iván Rivas salientou que «para o BNG Ferrol é unha cidade que ten moitísimos recursos por aproveitar e un deles é converter a esta cidade nunha cidade sustentábel e saudábel mediante o desenvolvemento de grandes espazos verdes que poidan estar interconectados e que abrangan o conxunto dos barrios da cidade»
A proposta que fai o BNG «pretende crear cerca de 330.000 m2 de zonas verdes no ámbito máis urbano da cidade e incorporar 170.000 m2 na zona rural do concello. Uns espazos interconectados que permitan recorrer a cidade tanto a pe como en bicicleta xa que no momento actual a sustentabilidade é un elemento transversal que debe condicionar calquera proposta que se poida dar tanto no aspecto político, como no económico e debemos empezar a pensar a cidade do futuro sobre a base destes criterios dunha maneira clara e contundente»
Rivas indicou que para o BNG «hai un elemento fundamental no propio centro da cidade como é o Sanchez Aguilera que debería destinarse a crear un gran pulmón verde no corazón da cidade que significaría incorporar 90.000 m2 de zona verde no corazón da cidade. unha proposta que tentaremos facer viábel despois das eleccións do 28 de maio e que xunto a outro tipo de espazos que incorporariamos a este tipo de conxunto de zonas verdes xerarian melloras moi salientabeis para os veciños e veciñas desta cidade»
«A proposta presentada recolle zonas verdes existentes na cidade con outras de nova creación como o antigo polígono de tiro de Catabois (11,600m2), Crear o paseo do Río da Sardiña, o novo parque do Bertón ( 5.500 m2) o Bosque comestible de Canido, acondicionar o parque do Montón (11.971 m2). Crear unha aula da natureza no antigo campo de Tiro de Doniños ( 86.583 m2) ou o parque de Mouga (83.468 m2)»
Iva Rivas quixo lembrar que «a infraestrutura de espazos verdes interconectados entre eles provoca e xera melloras na calidade ambiental dos espazos onde vivimos de maneira cotiá, xera ámbitos de socialización e de promoción da cultura, amortigua o ruído e xera evidentes melloras medioambientais respecto da contaminación aérea sobre todo nos ámbitos urbanos. É por isto que as decisión que vaian orientadas neste senso son as mellores decisións se poden tomar nunha cidade como Ferrol, daí o noso noso compromiso para desenvolver un proxecto de Ferrol verde, dunha cidade sustentábel e no fondo dunha cidade saudábel»