Intervención do SPEIS por un incendio nun galpón en San Xiao

O SPEIS de Narón recibiu na tarde de hoxe unha alerta por un incendio nun galpón ubicado na zona dos Vicás, na parroquia de San Xiao. O inicio do incendio foi ás 16.10 horas e o remate da intervención sobre as 18.00 horas.

No interior do galpón había rolos de palla, madeira e galiñas que non resultaron afectadas. A vivenda localizada xunto ao galpón tampouco resultou afectada debido ao rápido corte na propagación do lume. Os propietarios da casa estaban nela no momento do suceso pero, afortunadamente, non resultaron afectados. Ademais do SPEIS de Narón desprazáronse ao punto axentes da Policía Local de Narón e da Policía Nacional.

Lea también

La Banda Infantil Sementeira y la Xove Banda de Narón actúan en Odeón, reuniendo a más de 60 músicos

La Plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón se llenará de música este sábado 24 …