Iván Rivas defende a xestión directa do servizo municipal de mantemento de viais.

Ivan Rivas candidato do BNG á alcaldía de Ferrol, participou este martes 16, nun encontro veciñal no barrio de Santa Mariña no que defendeu «que un dos obxectivos do goberno local liderado polo BNG é a xestión directa dos servizos públicos municipais entre eles o do mantemento de viais públicos»

Ivan Rivas considera que «a xestión de xeito directo, con persoal e medios propios de servizos como o do mantemento de viais redundará nunha xestión máis eficaz e máis rendible economicamente do servizo, sen facer depender o estado das rúas da cidade dunha empresa externa que cando remata os cartos paraliza os traballos de mantemento e conservación»

O BNG sinala que «o modelo que se ven desenvolvendo nos últimos anos no concello de Ferrol para a conservación e mantemento de viais ten demostrado a súa ineficacia como demostran as múltiples queixas veciñais polo estado de conservación das rúas»

Iván Rivas quixo tamén poñer en evidencia «o compromiso do BNG cos barrios da nosa cidade e lamentou que o goberno local non executara os acordos aos que chegara co BNG como a urbanización da rúa Casquido, unha proposta nacionalista que pese a ter financiación e estar aprobado o proxecto o actual goberno municipal segue sen executar. O BNG considera que é preciso que o concello de Ferrol conte cunha brigada municipal de obras e así a creará desde o goberno municipal»

Lea también

Sabores de outono, cita gastronómica con premio en el barrio ferrolano de Ultramar

  Este fin de semana tendrá lugar en el barrio de Ultramar la primera edición …