Este domingo o BNG de Narón fixo parada na parroquia de Doso onde 4 anos atrás gañaron por maioría absoluta.
Nela presentaron as propostas para a parroquia, os servizos para todo Narón e facendo fincapé da política cultural, formación, transporte e servizos para a zona rural “nós non somos os de “puedo prometer y prometo” se non que nos comprometémos a facer realidade o programa que fará de Narón un referente para vivir” indica Olaia Ledo “o 28 de maio votade co orgullo que é votar unha forza que está para poñer ás persoas e o seu benestar no centro das políticas”
Pola súa banda, Geno Carballeira, concelleiro do BNG e natural da parroquia, explicou o traballo destes catro anos e “os impedimentos que tivemos para que Narón progresase nesta parte de Narón. Nós non vimos para vivir de Narón, sabédelo, nós traballamos para Narón”