Unha exposición de Siro López abre en San Sadurniño o programa das Letras Galegas

O Día das Letras Galegas está dedicado na súa 60ª edición ao intelectual e activista cultural Francisco Fernández del Riego.

Se recomenda afondar sobre a súa figura no especial do Consello da Cultura Galega consellodacultura.gal, do que el foi un dos principais promotores. De feito, Fernández del Riego foi, xunto con Ferro Couselo e Manuel Gómez Román, quen lle propuxo á RAG que houbese un día dedicado ás nosas letras e que  o primeiro fose o 17 de maio de 1963, cadrando co centenario da publicación de “Cantares Gallegos” de Rosalía Castro.

Xusto 60 anos despois da primeira celebración, o progatonista da homenaxe é o propio Del Riego. Para renderlle tributo, o Concello de San Sadurniño preparou un programa denominado “Venres de Letras” e un xoves co que reivindicar, ademais, a nosa lingua e a nosa cultura.

O ciclo ábreo este mesmo luns a exposición “Ilustres das Letras” do debuxante e humorisa gráfico Siro López, que poderemos visitar durante todo o mes na galería da Casa do Concello nos horarios de apertura das oficinas municipais. A mostra inaugurarase oficialmente o venres á tarde 17:00h e, ademais, Siro tamén lle ofrecerá á rapazada do CPI un obradoiro de caricatura ao aire libre.

Venres 5 de maio: Inauguración da mostra “Ilustres das Letras” de Siro López

Tal e como comentamos, o xornalista e debuxante Siro López virá por San Sadurniño o venres 5 de maio para manter un encontro coas alumnas e alumnos de Secundaria do CPI ás 12:00h e ofrecerlles un obradoiro de caricaturas ao aire libre, que se desenvolverá nos xardíns municipais (na Casa da Cultura se chovese).

Pola tarde, ás 17:00h, inaugurarase a mostra “Ilustres das Letras” na Galería do Concello, onde poderá visitarse do 1 ao 31 de maio. O propio Siro presentará a colección de 25 caricaturas orixinais dalgúns dos nomes homenaxeados ao longo da historia das Letras Galegas, desde Rosalía ata o propio Fernández del Riego.

Venres 12 de maio: Faladoiros de onte e antonte

O alumnado da ESO participará durante a mañá do venres 12 nun evento de carácter interxeracional parolando con veciñas e veciños maiores do concello sobre canto cambiaron os tempos e como era a súa vida na mocidade. 

Quen desexe participar na cita respondendo ás preguntas da rapazada pode contactar co Técnico de Cultura no 616 332 919 para organizar os grupos e horarios. O almorzo vai por conta do Concello.

Xoves 18 de maio, 11:00h: “Brincadeiras da lingua”

A compañía Migallas Teatro trae á Casa da Cultura o espectáculo para alumnado de Primaria “Brincadeiras da lingua”, co que descubrirán a grande riqueza e variedade de ditos e recitados da sabedoría popular galega.

O obxectivo da proposta escénica é fomentar entre a rapazada e amocidade a conservación e difusión dese riquísimo patrimonio inmaterial, que só pode manterse vivo co seu uso. As “Brincadeiras da lingua”, concibidas como unha actividade participativa e moi entretida, ofrécense coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Venres 19 de maio, 13:00h: “Fazulas e o ladrón de paraugas”

Outro espectáculo, neste caso para as nenas e nenos máis pequenos do colexio, contaranos a viaxe iniciada polo gato Fazulas na súa teima por saber de que cor é o vento. A obra infantil montada pola compañía Bandullo Azul tamén conta coa colaboración da Rede Cultural da Deputación

Lea también

Valdoviño promueve un Curso de Digitalización gratuito para mayores de 60

Consta de 5 sesiones, que se celebran en junio y julio, en el centro social …