A Escola Galega de Consumo ofrece a charla “Os servizos de atención á clientela”

A Escola Galega de Consumo promove a través do Instituto Galego de Consumo e Competencia unha charla aberta, mediante aula virtual, da iniciativa Venres de consumo responde, sobre “Os servizos de atención á clientela”.

Nesta convocatoria farase unha exposición sobre os dereitos da cidadanía nesa área e respostarase ás preguntas que se formulen. A charla dará comezo este venres, día 3 de marzo ás 12.30 horas. As persoas que desexen participar deben entrar na web do Instituto Galego de Consumo e Competencia: https://consumo.xunta.gal/gl e pinchar na foto da páxina principal á esquerda, que indica “Venres de consumo”.

Unha vez nesa ligazón xa se poderá acceder á aula de videoconferencia e terán que premer na ligazón habilitada para participar na charla.

Lea también

Narón celebra na Campa do Trece a 26ª edición do Oenach Atlántico, declarada de Interese Turístico de Galicia

A parroquia naronesa de Sedes converterase do 31 de xullo ao 2 de agosto no …