Dende fai uns dias, o 28 de xaneiro, apagouse unha voz eumesa do canto doutrora. Despois de trancurrir unha longa tempada coa saúde a voltas, deixóunos
Pilar Barro Martínez. De familia moi coñecida, e querida na vila, un dos seus leceres foi o cantar. Xa dende moi nova tivo moito interese e inclinacións
pola música. O piano foi o instrumento do que obtivo sinxelos e lixeiros coñecementos, pero o seu forte musical foron os cantos populares.
Os múltiples actos benéficos doutrora xa lonxanos, relixiosos, culturais, participando en teatros, foron testigos da súa colaboración desinteresada, no grupo do coro parroquial e catecismo, ata nos festivais, asociacións culturais, na anterga Acción Católica, pro calefacción da Residencia Anciáns, ou o organizado pro pistas dos Colexios Couceiro ou homenaxes a persoeiros eumeses eí estaba ela incondicional para cantar, acompañada por piano ou simplemente por unha guitarra, pero sempre sin tachas nin lixos. Así foi a súa bagaxe no campo dos afeccionados musicais eumeses. Ó dispor do canto.
E foi como querendo gardar unha pequena lembranza para tempos futuros, algúns dias de semáns, nunha longa tempada (1978) chegamos a facer, e hoxe atopar gardada, unha pequena reliquia do cantar eumés popular desta “amiga”, da que lembro levarlle co que ía ser o seu futuro esposo, Victor, e un grupo de roldadores a serenata na víspera do acontecemento do casoiro.
Neste triste intre de partida as colaboracións e gravacións con ela, volven á mente de quen a acompañou ó canto bastantes veces,a dúo algunhas menos, e que asina estas liñas, e garda coma un tesouro os ecos da súa voz que a xeito de agasallo tivo a ben ofrecerme pasado tempo despois (2002) aquelas, nunha morea de cantos galegos, vilancicos populares e panxoliñas, sobor de todo eumesas, que sumaron un número elevado, perto de medio cento en conxunto entre todalas interpretacións que fixeramos no seu lar.
Terminando esta lixeira e curta semblanza da súa figura, a esas verbas que dixo unha das fillas no acto relixioso do soterramento, persoalmente, gustaríame completalas co principio das mesmas, do canto rexo, con sentimento, como ela tan ben sabía facer: “Como ti vás para lonxe, e eu vou pra vello, un adiós ………mandarche quero”… Dado o seu entusiasmo polo canto e música coido que ela non deixou de facelo ata o seu derradeiro suspiro. Descanse en paz.