Valdoviño completou as prazas na terceira e última etapa pola Ruta Costeira

Campelo

O Concello de Valdoviño completaba este xoves as prazas na terceira e última etapa pola Ruta Costeira, que guiará a firma Portal Norte este sábado día 18 con saída ás 10.00 horas do estacionamento da praia de Outeiro.

Por diante, 12 km ata alcanzar Campelo. Un espectacular percorrido pola franxa litoral de Meirás con vistas privilexiadas e paradas imprescindibles, entre outras, no Faro de Punta Frouxeira ou na ermida da Virxe do Porto.

O proxecto, que impulsa a Concellería de Cultura e Turismo, iniciábase na Semana Santa, promocionando un percorrido único de Norte a Sur por Valdoviño, dende Porto do Cabo en Vilarrube ata Campelo en Meirás.

Lea también

La unidad móvil de la ITV para vehículos agrícolas se desplaza a Neda el 26 de noviembre

Los vecinos/as de Neda que tengan en propiedad tractores con o sin remolque y otro …