En Pontedeume, cantáronse panxoliñas e vilancicos

Xosé Paz Fernández.-(Director da Coral Polif. Eumesa)

Cando coa Coral nos afaciamos a que seriamos só uns poucos “aguinaldeiros cantores” virouse ese feito. E foi unha solpresa que na hora programada comezasen a engadirse ó grupo cantor algúns excompoñentes doutrora que añoraban os seus tempos de participación. Deste xeito foi medrando o número deles: nos tenores e nas voces femininas. Un, de baixa por saúde déuse de alta, outro tamén polo mesmo motivo e alleo, con varios anos complicados, pero con moitos anceios de voltar nese intre, e un terceiro, asentado en Ferro, hoxe noutra agrupación coralística e que quixo engadirse xa que tiña un desacougo anímico rítmico que o empurrou á percura da tradición que achou nos primeiros compases dos cantos populares, que era a satisfacción pendente. Asimesmo houbo voces femininas eumesas asentadas acotío en Ourense ou na Coruña que axudaron a enfortecer os cantares, arroupándonos ós tiñamos xa decidido asistir.

O acto que se esperaba e maxinaba de proba experimental, polo cambio de lugar, pareceu dar resultado. A acústica estivo máis lograda que na Praza Real, e cun silencio total perante os cantos do pobo-coral, xa que estas panxoliñas e vilancicos participativos iban nas follas que se diron antes ós asistentes cantores e ós simplemente escoitadores. Coa carpa do concello os ocupantes das mesas seique agardaban que fose como todos os anos á súa disposición, e non foi así. A interese que tiveron foi a de sempre: pouca a cal fixo que non se levantasen das cadeiras e a uns metros tiña para escoitar ó abrigo do frío e da choiva o tradicional. Desculpas “pasotas”. Aínda así se axuntou xente que entraba e saía de escoitar.

Como non foron moitos os cantos facemos mención dos autores locais e dos alleos. Entre os dos eumeses había textos e músicas de Antonio Gómez, Uxío Cuiñas, Tito Rios, e Pedreira Rocha; e dos alleos un do coruñés Xosé Casal, outros de dous autores ingleses seguidos por outro Haendel moi coñecido, e que aínda sendo extranxeiros tiñan traducidos os textos á lingua galega e logo un vilancico do Cancioneiro de Upsala. En total houbo oito cantos que ó parecer fixeron a ledicia dos concurrentes e participantes: cantores e público, que seguiron a transmitir a tradición, quedando emplazados para tempos vindeiros no mesmo lugar.

Do público diremos que resultou máis numeroso do que se esperaba. Algo adeprendimos na proba, que nos invita e anima a repetir o acto nun futuro

Lea también

Primeros ganadores de la campaña “En Valdoviño… adelantamos la Navidad”

La campaña de dinamización del comercio local «En Valdoviño… adelantamos la Navidad» ya tiene sus …