Nesta mañá do xoves, Mon Fernández, deputado do BNG no Parlamento Galego, acompañado do portavoz municipal do BNG en Ferrol, Iván Rivas, presentaron as emendas presentadas aos orzamentos galegos para o ano 2023 para mellorar as partidas destinadas a cidade de Ferrol. Unhas emendas que procuraban mellorar aspectos fundamentais para o desenvolvemento económico e social da cidade.
Mon Fernández, deputado do BNG, indicou que o BNG rexistrou un total de 13 emendas que afectan a Ferrol e que suporían uns investimentos de perto de 30 millóns de euros só paa a cidade. Mon Fernández quixo destacar na súa intervención as emendas relativas a mellorar o sector naval, á situación da nosa ría e ao transporte público.
O BNG ven defendendo que Navantia «ten que evoluir cara un complexo integral da construción naval, sen limitacións de ningun tipo, e aporta porque a Xunta se implique neste proxecto«. Para o deputado considera que “un goberno que non se implica con Navantía non se implica con Ferrol”. Así mesmo o BNG demanda tamén a constitución dun Centro Tecnolóxico para o sector naval.
O deputado do BNG tamén incidiu na necesidade de que a Xunta asuma o compromiso de elaborar o estudo integral que aclare a problemática que sofre a ría de Ferrol «e que contribua a recuperar a súa riqueza marisqueira.»
Tamén quixo poñer en evidencia outra proposta nacionalista «que pasa porque a Xunta elabore un estudo que permita o desenvolvemento dun organismo autónomo galego que xestione un ferrocarril de proximidade.«
Iván Rivas, portavoz do BNG
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, asegurou que as emendas presentadas polo BNG son unhas propostas «coherentes que responden as demandas, as necesidades e a debates xa maduros na nosa cidade e destacou que resulta sorprendente que por parte da Xunta e do PP se negue de maneira categórica a posibilidade de incorporar algunha destas propostas.«
Salientou a proposta de acometer o proxecto de rehabilitación integral do IES Concepción Arenal, «unha proposta que na nosa cidade acada a unanimidade do pleno municipal, pero que cando hai que tomar as decisións, no momento en que hai que posicionarse por parte do PP a súa postura é contraria aos intereses da cidade.«
Outra das propostas presentadas é o o proxecto de rehabilitación da casa de Carvalho Calero. Un proxecto «que levamos anos reivindicando, para o que incluso solicitamos a declaración de zona ZER por parte do IGVS, atopándonos co silencio da Xunta e como agora cando lles propoñemos que colaboren se posicionan en contra desta proposta.«
Tamen presentaron unha emenda que ten como obxecto buscar a modificación das concesións do Transporte público «para mellorar realmente a situación actual que é inaceptábel.»
Xa por último quixo salientar a situación do saneamento, en relación coa necesidade de desenvolver o saneamento integral da cidade. No BNG alegranse que, en relación co saneamento da zona rural, «tanto o PSOE e do PP asuman a tese do BNG de desvincular estas obras da aprobación das contas de Emafesa e os instamos a levar a proposta de convenio a pleno o antes posíbel«. Asi mesmo solicitan a través duha emenda «que se comece a revisión do sistema de saneamento para poder contar cunha rede separativa de augas co fin de contramos cun sistema de depuración moito máis sustentábel.«
Iván Rivas afirmou que no BNG agardan que no debate plenario que terá lugar a semana que ven, «representantes do PP que nesta cidade defenden algunhas destas cuestións rectifiquen e voten a favor dunhas emendas que o único que pretenden é dar solución algúns dos problemas que ten a cidade.«