O BNG apura o goberno de Ferrol a tomar medidas para reducir a tarifa eléctrica municipal

Iván Rivas en rueda de prensa | BNG

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera que é preciso que o Concello tome medidas para reducir a factura eléctrica municipal o que redundaría en beneficio dos veciños e veciñas da cidade e acusou ao goberno local de «permanecer inmóbil diante desta problemática.«

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, advertiu que é «urxente que o goberno municipal adopte decisións que axuden a rebaixar a factura eléctrica do noso Concello, tanto na redución do consumo como na xestión da propia enerxía e a súa forma de contratación que posibiliten abaratar esta factura municipal

Propón ao goberno local que inicie os trámites para que sexa o Concello directamente quen xestione a compra de enerxía eléctrica para o suministro das súas instalacións. «A xestión directa por parte de persoal municipal de mercar a electricidade que consumimos é un procedemento que cada día están a desenvolver máis concellos no noso país e no conxunto do estado.«

Lembra que o contrato de subministro de enerxía eléctrica no Concello de Ferrol está caducado, «finalizou no ano 2020, e se trata dun contrato que supón máis de 2 millóns de euros ao ano.«

Así mesmo, no último pleno municipal «evidenciouse que este gasto está a ter un incremento considerábel dos seus custos, atopándonos cunha situación na que se duplican as previsións que o goberno local tiña para esta partida.«

Pero o «máis grave é que diante deste feito o goberno de Ángel Mato, por unha parte prioriza o pago destes sobrecustes ás empresas eléctricas por diante doutras moitas necesidades existentes na cidade destinando a este fin o que deixou de gastar nos orzamentos do ano pasado e por outra parte non tomou ningunha soa medida que poida paliar isto.» Deste xeito o goberno municipal «durante todos meses limitouse a aprobar modificacións de crédito, contando coa complicidade do PP, que so buscan beneficiar as grandes empresas eléctricas

Iván Rivas salientou que a alternativa ao actual modelo de contratación eléctrica «pasa por mercar de maneira directa no mercado maiorista a enerxía por parte da administración local, igual que fan outras cidades no Estado

Para o BNG isto implicaría «ventaxas como que se suprimen os custos derivados dos beneficios da comercializadora, que rondan sobre o 20%, que se xeraría emprego, pois habería que contratar ao persoal encargado de mercar esa enerxía en función dos consumos que precisarían as instalacións públicas do Concello de Ferrol«. Esta sería a outra ventaxa, «dado que contariamos cunha cuantificación dos consumos que se producen no concello e sobre cos que poder actuar para reducir o seu consumo

O BNG considera que impulsar estas medidas «é un proceso que non debemos deixar escapar e menos nun contexto actual no que carecemos de contrato, os prezos da enerxía están disparados e no que as administracións deben traballar para reducir os custos que despois repercuten nos veciños e veciñas

Lea también

Samuel Penin regresa al Costa Ártabra para dirigir al senior femenino en Primera División

El Club Baloncesto Base Costa Ártabra ha anunciado el regreso de Samuel Penin como nuevo …