O IES de Fene acolleu unha representación de #2pilgrims nos actos do Día das Letras Galegas

Representación de #2pilgrims | IES de Fene

Para conmemorar o Día das letras galegas, onte levouse a cabo no IES Fene unha obra de teatro «#2pilgrims» de Redrum teatro dirixida ao alumnado de 3⁰ e 4⁰ da ESO.

Redrum teatro é unha compañía de teatro galego que conscientes dos numerosos poderes que ten o teatro como instrumento social, terapéutico e pedagóxico, traballan con colaboradoras especializadas nos ámbitos da pedagoxía, da educación social e do feminismo para a creación de pezas teatrais cun forte carácter didáctico e reivindicativo.

#2pilgrims vai dirixida a un público adolescente co fin de concienciar, educar en igualdade e inculcar valores que preveñan a violencia de xénero. Con este espectáculo viaxan a través da auto-ficción polo Camiño de Santiago tocando temas como o feminismo, as novas masculinidades ou a importancia actual das redes sociais.

De novo dende o IES e o seu departamento de igualdade queren agradecer á concellaría de Servizos Sociais do Concello de Fene o apoio e colaboración que lles brinda para poder levar a cabo estas actividades tan necesarias na nosa sociedade.

Lea también

Liberada una persona con un brazo atrapado en una máquina agrícola, en Monfero

Efectivos del Parque Comarcal de Bomberos, con base en As Pontes, han liberado a una …