Finalización da campaña de prevención e control da vespa velutina, Narón

O Concello de Narón retomou a través da Concellería de Seguridade Cidadá e do Speis e da de Medio Ambiente, dirixidas polos edís Román Romero e Santiago Galego, respectivamente, a campaña de prevención e control da vespa velutina.

A través da mesma, coincidindo coa tempada primaveral, dende ambas áreas incidirase na necesidade de que 0s veciños instalen trampas a nivel particular para poder reducir o número de niños de velutinas no verán.

Dende o Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (Speis) de Narón dispoñen dun programa de prevención da vespa velutina encamiñado a controlar a poboación desta especie invasora. No mesmo incídese sobre o perigo que supón esta especie para as persoas e tamén se explica como construír trampas artesanais para capturalas, que se poden realizar con materiais sinxelos e colocar en diferentes ubicacións para capturar ás raíñas.

As trampas e o líquido atraínte poden ser caseiros, como a cera vella fermentada, cervexa negra, sirope de grosella ou de arandos… que deben repoñerse ós 7 ou 15 días, dependendo do tempo, porque se fai calor evapórase antes, e do volume de vespas capturadas.

Os meses de abril e maio son os máis indicados, tal e como apuntan expertos na materia, para capturar ás raíñas, que unha vez instaladas no niño secundario adícanse a poñer ovos ata que morren, xa no inverno.

A maiores, o Concello mantén tamén un convenio de colaboración coa Asociación Galega de Apicultura, a través da Concellería de Medio Ambiente, e que inclúe tamén colaboración para desenvolver unha campaña de sensibilización medioambiental baixo o lema “Stop vespa velutina”. A través da mesma incídese na importancia do trampeo primaveral e da colocación de trampas para capturar ás raíñas nas hortas e xardíns.

O edil de Medio Ambiente avanzou que dende o Concello se convocará próximamente unha xornada informativa, aberta á cidadanía en xeral, donde se explicarán os fundamentos do trampeo para optimizar as capturas e que ofrecerá persoal da delegación en Ferrolterra de AGA.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …