Neda despedirá o ano cunha sesión de fogos de artificio

O ceo de Neda iluminarase coa explosión de cores dos fogos de artificio para despedir este aciago ano marcado pola covid-19 e, sobre todo, dar a benvida ao esperanzador 2021.

Así, a pirotecnia local Millarengo botará as bombas de palenque dende diferentes puntos do municipio, para propiciar este espectáculo de luz e son.

Será este xoves, día 31, a partir das 20 horas, como antesala da tradicional cea e as badaladas de Fin de Ano.

Lea también

O Obradoiro da Memoria do Concello das Pontes clausura unha nova edición

A concelleira de Benestar Social, Tania Pardo, e a directora do Centro de Información á …