O Concello convidou ás súas Maxestades ao municipio unhas horas antes de que inicien o seu percorrido polos fogares de todo o mundo
O Concello de Valdoviño anima aos nenos e nenas do municipio a apuntarse ao encontro cos Reis Magos de Oriente. Dada a nova normalidade imposta pola covid-19, e para evitar riscos e minimizar contactos, o Concello decidiu substituir a tradicional Cabalgata en Valdoviño por un encontro cos máis pequenos e pequenas da casa no que se seguirá un estricto protocolo fronte ao coronavirus.
En todo caso, para participar nel, será preciso inscribirse previamente e o prazo
conclúe o luns 4 de xaneiro. Pode facerse chamando ao teléfono 981 48 76 66
en horario de 11 a 14 horas (mañá mércores ou o mesmo luns día 4 ata as 12 h)
ou enviando un correo electrónico a cultura@concellodevaldovino.com. Nos dous
casos, é preciso sinalar nome e apelidos, concello de procedencia do/a neno/a,
e nome do responsable que acompañará ao menor, xunto ao número de teléfono.
O encontro cos Reis Magos celebrarase o 5 de xaneiro, unhas horas antes de que
visiten os fogares, na Casa da Cultura.