O BNG pide medidas de impulso para a língua galega

Iván Rivas e María do Mar López en rolda de prensa | Adán Puentes

O Bloque Nacionalista Galego defenderá no pleno de Ferrol unha moción na que propón medidas de apoio e fomento da língua galega. O BNG pide que o Concello promova a realización de campañas de dinamización lingüística e promoción do uso da lingua galega en diferentes sectores, dándolle especial importancia á infancia e á mocidade e insta ao goberno local a convocar o Consello Municipal da língua. Así mesmo instará a Xunta de Galiza a que adopte medidas económicas extraordinarias para apoiar o sector da cultura e do Libro en galego.

O BNG salienta na súa iniciativa que as políticas promovidas polo Partido Popular «están lonxe de contribuír o uso da lingua galega, máis ben están provocando todo o contrario, cuxo máximo emblema é o Decreto do plurilingüísmo. Este decreto prohíbe dar certas materias no idioma propio do país, furtándolle á mocidade a posibilidade de adquirir coñecementos en galego e, polo tanto, incumprindo co mandato de garantir que o alumnado teña o mesmo nivel de competencias nas dúas linguas oficiais«.

«Alén do decretazo, o Partido Popular segue traballando arreo na minorización do galego pois non hai máis que ver como o señor Núñez Feixoo xa se dirixe ao pobo galego en castelán nas súas comparecencias durante a pandemia provocada pola COVID-19. O presidente da Xunta, con esa actitude, só incide nos prexuízos cara á lingua galega. Por outra banda, vemos como as súas políticas van orientadas ao monocultivo do Xacobeo, mentres partidas orzamentarias para o fomento da lingua e da cultura galegas se viron drasticamente reducidas. Concretamente as políticas de fomento da lingua galega apenas superan os 8,5 millóns de euros cando en 2008 destinábanse 23 millóns de euros«, afirman dende o BNG.

Os nacionalistas solicitan que o Pleno do Concello de Ferrol «acorda dirixirse á Xunta de Galiza para que todos os membros do goberno galego respecten a lexislación vixente e empreguen a lingua galega en todas as súas manifestacións públicas, nomeadamente o seu Presidente«.

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …

4 comentarios

  1. Me pregunto si sería buena idea que Ferrol dejase de ser un concello incumplidor de la ley, y en adelante TODOS los documentos oficiales fuesen distribuidos en AMBOS idiomas OFICIALES.

    Quizá en vez de seguir turreando con esta patochada «da lingua» para llenar las barrigas de los colegas del trincamiento, haya que preocuparse primero de cumplir la ley, y luego ya si tal vamos viendo el resto.

  2. Hasta el bloque reconoce que hay que impulsar lo.. o sea o ligar a usarlo .. hay que hablar gallego porque les da la gana. Que cada uno hable lo que le salga de las narices y no vengan estos a imponer nada. Y por cierto doy la razón a Miguel Ángel
    Bilingüismo ya¡¡ ya está bien de que todo lo del ayuntamiento sea en galego. Lo queremos también en castellano. Aunque ya se pudo mil veces hasta con el PP y no hubo forma. Somos catetos hasta para eso

  3. En esta frase se condensa toda la preocupación por el tema: «Concretamente as políticas de fomento da lingua galega apenas superan os 8,5 millóns de euros cando en 2008 destinábanse 23 millóns de euros».

    O sea, casi 4.000 millones de pesetas para obligarnos a hablar en gallego nos guste o no.

  4. pacharitaferrolano

    Yo quiero que mi familia coma y tenga lo necesario para vivir, y como si tiene que hablar en Arameo. Así que esta propuesta y ese gasto pues va a ser que no me interesa. Tal vez este caballero de barba tenga una vida muy desahogado y le de margen para proponer asuntos que ahora mismo, a casi nadie interesa.