10N | Julio Barros valorou de maneira «moi positiva» a visita a Ferrol da Ministra de Defensa

Tito Pena, Julio Barros e Beatriz Sestayo en rolda de prensa | PSOE

Julio Barros, senador ferrolán na anterior lexislatura e candidato ás próximas eleccións do 10N polo PSOE para a provincia da Coruña, valorou de forma “moi positiva” a visita realizada na tarde de onte a Ferrol pola Ministra de Denfesa en funcións, Margarita Robles, posto que supón “un espaldarazo e confirmación dos compromisos adquiridos polo goberno de Pedro Sánchez coa urbe naval no referente á carga de traballo para Navantia”, poñendo en valor o “contrato asinado por Defensa para a construción das fragatas F110, e o adelanto nos prazos previstos para o inicio dos traballos necesarios para a súa execución”.

O contrato supón a inversión de 4.300 millóns de euros no que constitúe a maior inversión industrial da historia de Galicia, cunha carga de traballo que implicará 7.000 empregos durante os próximos dez anos”, resaltou Julio Barros, así como “a urxencia de formar Goberno que poda aprobar outras inversión que complementen a carga de traballo de Navantia no periodo de transición ata o inicio da construcción das fragatas”.

Julio Barros contrapón “ese compromiso pechado e firme coa absoluta inacción industrial da Xunta de Galicia”, cun conselleiro que estivo “case de incógnito en Ferrol co seu discurso habitual de escapismo en todo o que sea asumir responsabilidades con Ferrol e a súa comarca, onde a Conselleria de Industria da Xunta non invertiu nin un só euro nos once anos do goberno de Feijóo, a pesar de ter legalmente atribuida a competencia exclusiva en materia industrial na Comunidade Autónoma”.

Ao mesmo tempo, Julio Barros tamén afondou nas “escuras razóns” que levaron aos gobernos de Rajoy a demorar e manter paralizado o contrato das fragatas durante os seus mandatos, e que levaron ao Ministro de Defensa popular Morenés a «retrasar deliberadamente este contrato tan importante e necesario para Ferrol e a súa comarca«.

Por outra parte, a «inacción da Xunta en materia industrial«, destacou Barros, levou a Feijóo «a anunciar prematuramente o peche de ALCOA ante a falta de inversores na firma«, tendo que intervir o Ministerio de Industria a través da súa titular actual Reyes Maroto para conseguir reverter a situación e conseguir a continuidade da empresa e a plantilla, como mínimo para os próximos dous anos, facendo posible “o que Feijóo xa daba por imposible, e nesa liña ocurre outro tanto do mesmo con ENDESA, para a que a Xunta carece de proxecto de futuro e solución, en tanto que o goberno de Pedro Sánchez xa se ten comprometido a buscar alternativas para a continuidade da empresa en As Pontes” e para garantir o emprego na vila e na súa área de influencia como xa manifestou publicamente.

Julio Barros puxo así de evidencia as “dúas formas moi distintas de afrontar os problemas derivados da transición ecolóxica. O goberno do PSOE facendo propostas e buscando solución e o da Xunta de Feijóo e o PP dando por mortas e soterradas empresas de vital importancia para a nosa comarca” e “practicando o único que fan ben, o escapismo aos problemas e botar culpas aos demáis da súa ineficacia e incompetencia en materia industrial”.

Por todo iso subraiou a importancia do voto o 10N a un goberno que “responde con feitos e solución aos desafíos industriais que para Ferrol e a súa comarca se plantexan para os próximos anos”.

Lea también

Sabores de outono, cita gastronómica con premio en el barrio ferrolano de Ultramar

  Este fin de semana tendrá lugar en el barrio de Ultramar la primera edición …

Un comentario

  1. Julio, no te preocupes hombre que aunque te saquen el sillón en el senado, ya te recolocarán por ahí como a Bea, cobrando 50 0 60 mil euros por rascarla. Porque como tengas a que volver a la abogacía, te veo muy jodido.