O BNG presenta a súa candidatura na comarca para o Congreso e Senado

Bruno Lópes, Sílvia Pardo, Mon Fernández, Mercedes Tobío e Sánchez Cea na presentación | BNG

Esta mañá, o BNG presentou no Parador de Ferrol a súa candidatura comarcal para as eleccións xerais do 10 de novembro. Mon Fernández (líder sindical da comarca) e Silvia Pardo (concelleira das Pontes e activista feminista) encabezan unha candidatura como nº3 e nº4 respectivamente, que ten representación da comarca desde o mundo cultural, como Laura Tato ou suma persoas independentes como o activista Bruno Lópes, coñecido pola súa implicación na Fundaçom Artábria e en Semente Trasancos.

Sete persoas da comarca forman parte da candidatura do BNG polo Congreso e o Senado. Hoxe a organización presentou cun almorzo informativo a candidatura e puxeron como exemplo á comarca para salientar a importancia de recuperar “voz propia” da man do BNG. Mon Fernández destacou o traballo das persoas candidatas de Ferrolterra polo BNG “somos todos militantes e activistas de Galiza e iso é o que queremos trasladar ás institucións: a preocupación e tamén o entusiasmo por lograr melloras para o noso país”. Así, a candidata Silvia Pardo, concelleira das Pontes, salientou a importancia de que se asente tecido industrial de calidade en Ferrolterra e que se muden políticas cara unha igualdade real “que se cumpra o convenio de Istambul na lei contras as violencias machistas como xa recolle a galega elaborada polo BNG. O conflito das Pontes merece un capítulo aparte e moito temos que dicir no congreso: unha transición enerxética xusta. As cousas non suceden por si soas e na política hai que ter capacidade para saber xestionar o seu territorio. O PP e o PSOE non tivo plans para As Pontes e agora pagámola todas,”

Desde o BNG afirman que están nun bo momento, o número de militantes vai en aumento e cada vez máis xente mira con simpatía á organización nacionalista. Salientan que ata Cantabria, coa metade de votos que o BNG nas anteriores xerais, conseguiu representación e agora parten dun bo momento e con enquisas que afirman que o BNG contará con representación.

Bruno Lópes, candidato independente que suma

Nestas elección o Bloque Nacionalista Galego, viu como persoas da cultura como Kiko da Silva ou Bruno Lópes decidiron dar un paso e incorporarse ás listas do BNG. A importancia cualitativa é grande neste caso: «o BNG suma e con el a súa representación en Galiza aumenta«. Bruno Lópes, activista da Fundaçom Artábria afirmou hoxe nos almorzos que “neste momento histórico, de crise nacional e de auxe do fascismo e o branqueamento da extrema dereita achaba que había que dar pasos firmes e é por iso que apoio a candidatura do BNG. Dicía Castelao `petar na alma do pobo até conquistar un estado de opinión revolucionario´e é por iso que todos os altofalantes que son válidos sempre que se lle dea voz a este país.

Lea también

Sabores de outono, cita gastronómica con premio en el barrio ferrolano de Ultramar

  Este fin de semana tendrá lugar en el barrio de Ultramar la primera edición …