
O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol censura a decisión do goberno local que, ao mesmo tempo que «desistiu de presentar uns orzamentos propios» para esta ano 2019, «desenvolve a aprobación execpcional dun paquete de subvencións nominativas amparado polo Partido Popular«.
O BNG, diante da proposta que será sometida ao ditame do pleno municipal co obxectivo de aprobar as subvencions nominativas, considera que o goberno local «desenvolve un reparto dos recursos económicos sen criterios obxectivos para que todos os colectivos da cidade poidan acceder a eles en igualdade de condicións«.
Para o BNG resulta «ilustrativo» esta tipo de política económica exemplificado por exemplo «se comparamos o diñeiro que se destina a subvencions nominativas que supera o 1.7 millóns de euros para subvencións nominativas a entidades como EXPONAV, xestionada polo Ministerio de Defensa o cal non aboa un só euro por ocupar máis do 20% do solo urbano, as Confrarías de Semana Santa ou ao unha sociedade anónima como é o Racing de Ferrol, ou se comparamos os case 900.000 € destinados a subvencións nominativas en Deportes fronte aos 125.000 € de concorrencia competitiva.»
Esta comparativa demostra que o feito fundamental para o goberno «é o reparto discrecional do diñeiro publico en detrimento de desenvolver unha política redistributiva en beneficio dos veciños e veciñas de Ferrol«.
O BNG lamenta que o goberno local continue a desenvolver esta forma de repartir as axudas municipais porque «é inxusta e opaca, como xa expuxemos noutras ocasións«. É por isto que o BNG considera que se debería desenvolver «unha nova forma de repartir as axudas municipais cunha forma de concorrencia competitiva transparente«.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
				
			
						
					
						
					
						
					
					
				
Estos del BNG si son más pesados no se aguantan ni ellos mismos
Sí, toda la razón, como con los de podemos: Hay que dar el mismo dinero a la cabalgata de los Reyes Magos que a la del Apalpador, porque si no… ¿De qué van a vivir los del Artabria y demás satélites de los independentistas? Porque de los votos de la gente, está claro que no.